Unha xincana inchable de 70 metros, gran atracción de Megaxove 2018


05-12-2018

Ourense, 05/12/2018.- Megaxove abriu esta mañá as portas da súa 19ª edición cun programa de máis de 60 actividades vencelladas á educación, ó lecer ou ó deporte que están a servir de punto de encontro para a mocidade e as súas familias. No Día Internacional do Voluntariado, o Salón da Xuventude serve de plataforma para darlle visibilidade á labor que realizan durante todo o ano as asociacións xuvenís e clubes deportivos (integradas por norma xeral por voluntarios) como é o caso da Asociación Xuvenil Amencer, de Cruz Vermella Xuventude, a Organización Xuvenil Española, OJE-Ourense...

Leer más

60 actividades lúdicas, deportivas e solidarias en Megaxove


04-12-2018

Ourense, 04/12/2018.- Expourense remata o calendario feiral do 2018 coa celebración da 19ª edición de Megaxove que os días 5 e 6 de decembro, ofrecerá 60 actividades de lecer, deportivas e solidarias que converterán ó recinto no punto de encontro para a mocidade galega e as súas familias. Para elo conta coa colaboración dunha vintena de expositores entre os que se atopan asociacións culturais e xuvenís galegas, federacións e clubes deportivos e empresas especializadas en formación.A 19ª edición de Megaxove foi presentada esta mañá no Concello de Ourense nun acto no que participaron...

Leer más

O público prefire o comercio local para organizar os seus eventos e para preparar a chegada dos seus bebés


25-11-2018

Ourense, 25/11/2018.- Logo dun fin de semana intenso ateigado de actividade, Expourense pecha esta tarde as portas da triple cita organizada para toda a familia: Celebra, Bebega e Antiq Auria. En total, máis de 100 expositores que presentaron os seus produtos e servizos especializados e que atraeron a máis de 4.000 visitas sendo a tarde deste domingo a que concentrou maior número de público. Polo que respecta a Celebra e a Bebega, queda patente que o público prefire o comercio local e o trato persoal de “ti a ti” á hora de organizar os seus eventos familiares e tamén no momento de preparar...

Leer más

Expourense sortea este domingo un cheque regalo de 700 euros entre os visitantes


24-11-2018

Ourense, 24/11/2018.- Expourense abriu esta mañá as portas da 19ª edición de Celebra, a feira decana das vodas e eventos en Galicia, e da 2ª edición de Bebega, Mostra do Bebé. Dúas citas que se veñen a sumar a Antiq Auria, 2ª Feira Internacional de Antigüidades, que xa comezou onte pola tarde. En total, tres citas especializadas que ofrecen unha inmellorable opción de lecer para as familias durante toda a fin de semana. Os visitantes das tres citas poden atopar ofertas e descontos especiais, ademais dun asesoramento especializado. Para apoiar aos expositores, esta mañá tivo lugar...

Leer más

Ourense, capital da comunicación e do marketing de Galicia


23-11-2018

Ourense, 23/11/2018.- Ourense converteuse hoxe na capital da comunicación de do marketing de Galicia convocando en Expourense a máis de 300 profesionais destes sectores que asistiron tanto ao 6º Foro da Comunicación de Galicia como á entrega dos terceiros Premios Paraugas.6º Foro da ComunicaciónO Foro da Comunicación de Galicia, organizado por Expourense coa colaboración do Clúster da Comunicación Gráfica, celebrou hoxe a súa edición máis exitosa tanto en relación ó número e prestixio dos relatores participantes como pola acollida recibida por parte dos asistentes. Ao longo de...

Leer más

Expositores de 4 países na segunda edición de Antiq Auria


22-11-2018

A segunda edición de Antiq Auria, Feira Internacional de Antigüidades, comeza mañá venres en Expourense e reunirá a medio cento de expositores procedentes de 4 países (España, Portugal, Francia e Suíza). A feira permanecerá aberta durante tres días, pechando o domingo 25 de novembro ás 21.00 horas.Trátase dun evento organizado de forma conxunta entre o recinto feiral e a Asociación “Memoria Antiga” de Ourense. Os bos resultados acadados pola primeira edición, celebrada o pasado mes de maio, levou a convocar esta segunda cita das antigüidades na que un preto dun 80% dos expositores...

Leer más

Servizos especializados en vodas, nacementos e antigüidades conviven en Expourense


20-11-2018

Ourense, 20/11/2018.- Expourense ofrece esta fin de semana do 23 ó 25 de novembro unha triple cita para as familias: Celebra, 19º Salón de Vodas, Bautizos, Comuñóns e Actos Sociais; BEBEGA, 2ª Mostra do Bebé, e Antiq Auria, 2ª Feira Internacional de Antigüidades. As dúas primeiras celebraranse o sábado 24 e o domingo 25 mentres que a terceira comezará xa o venres 23 pola tarde. En total, un cento de expositores presentarán os seus produtos e servizos especializados no recinto feiral.Esta triple cita feiral foi presentada esta mañá nun acto na sede da Confederación de Empresarios...

Leer más

Sportur Galicia visibiliza o papel do deporte como motivación turística e como motor económico


17-11-2018

Ourense, 17/11/2018 Sportur Galicia pechou esta tarde as portas da súa segunda edición acadando bos resultados de asistencia que permiten que o proxecto se consolide xa que durante tres días reuniu en Expourense a 125 expositores que ofreceron máis de 125 actividades que atraeron a 10.000 visitas. Sportur Galicia 2018 serviu para visibilizar o papel que xoga o deporte como motivación turística e como desenvolvemento económico. Vencellado con isto, os profesionais do sector que asistiron ao II Seminario sobre Deporte e Turismo Activo tiveron a oportunidade de coñecer máis de preto...

Leer más

O 6º Foro da Comunicación de Galicia contará coa participación de gurús mundiais da publicidade e do marketing


16-11-2018

Ourense, 16/11/2018.- O Foro da Comunicación de Galicia chega a súa sexta edición consolidado xa como un punto de encontro de referencia para os profesionais galegos vencellados á comunicación, marketing, deseño, publicidade e edición, xa que lles ofrece a oportunidade de compartir experiencias con grandes expertos do sector e con directivos de importantes empresas que marcan tendencia á hora de comunicar. Esta cita celebrarase o venres 23 de novembro en Expourense e ofrecerá un completo programa no que participan 26 relatores entre os que destacan directivos de comunicación ou marketing...

Leer más

Sportur Galicia converte a Expourense nun gran parque multiaventura que promociona a Galicia como destino de turismo activo


15-11-2018

Ourense, 15/11/2018.- Sportur Galicia abriu esta mañá en Expourense as portas da súa segunda edición convertido no mellor escaparate para dar a coñecer o labor que realizan ao longo de todo o ano as federacións e clubes deportivos de Galicia ofrecendo un programa con máis de 100 actividades orientadas a promover unha vida activa, saudable e en contacto coa natureza. Esta cita, que concluirá o sábado 17 ás 20.00 h., ven demostrar o perfecto binomio que en Galicia forman o turismo e o deporte á hora de vender á nosa comunidade como destino entre mercados de proximidade incluíndo ademais...

Leer más