As familias confían no comercio local e no “cara a cara” para organizar os seus eventos para o 2020

24-11-2019

>> Con Celebra conclúe o calendario feiral de Expourense para o 2019

Ourense, 24/11/2019.- Celebra pecha esta tarde en Expourense as portas da súa 20ª edición na que se viu reflectiu un ano máis o interese e preferencia das parellas e as familias galegas que teñen algún evento en 2020 e ata en 2021, polos produtos e servizos que ofrece o comercio local. Os descontos especiais de feira, a calidade, o alto grao de especialización e as garantías do comercio local e o trato “cara a cara” foron os principais atractivos que atraeron a máis de 1.000 visitas, sendo a meirande parte delas parellas novas. Celebra 2019 reuniu a 40 expositores, o 85% da provincia de Ourense, e serviu de plataforma de promoción do comercio local para dar a coñecer os seus servizos ante novos e potenciais clientes. 

A 20ª edición da feira definiuse por un marcado carácter creativo impulsado por emprendedores da provincia de Ourense, non só en moda nupcial e de festa, senón en todo o que rodea a organización dun evento. As dúas pasarelas desta tarde Celebra incluiron ademais a actuación da cantante caldelá Velusa, coñecida pola súa participación no concurso de cantareiros do programa “Luar”, e da cantante galega Sabela. As oito firmas que participaron nesta pasarela coordinada un ano máis pola Axencia Luena (Nicandra, As Badaladas, Angelo Milano, Loyma, París Diffusion, El Tocador de Anabel de Allariz e Duet Moda) presentaron deseños de coleccións de fabricación propia, acompañados por estilismos internacionais en perruquería e maquillaxe así como as novas tendencias en xoiería fabricada en Ourense e a medida. Nesta pasarela pudieron verse as novas tendencias en moda nupcial con noivas con vestido curto e en pantalón, xa que cada vez é máis frecuente contar con dous vestidos para o día da voda, un para a ceremonia e outro para a festa posterior.

No referente aos eventos, os profesionais desta edición coinciden en que algúns dos elementos máis demandados nos eventos familiares están sendo a animación, a introdución de elementos divertidos como os photocalls, fotomatóns ou servizos de coctelería especializada. As parellas e familias visitaron o salón para planificar o seu evento pero, sobre todo, na busca de ideas para ser orixinais e diferenciarse pero sen ter que pagar máis por elo.

Esta edición de Celebra contou coa colaboración especial de Dani Ríos, “O Casamenteiro” e da empresa Bodaspack que exerceron de mestres de cerimonias e que dotaron de contido continuo ás redes sociais do evento (en Facebook e Instagram) con vídeos no que os expositores presentaron os seus servizos e as ofertas que traían ao salón. 

Con Celebra conclúe o calendario feiral de Expourense para o 2019 se ven a actividade e os eventos continúan no recinto. O vindeiro venres 29 celebrarase o 7º Foro da Comunicación de Galicia e a Gala de entrega do IV Premios Paraugas da Comunicación e do Marketing de Galicia. Tamén comezan as distintas probas de atletismo en pista cuberta que encherán de actividade a práctica totalidade das fins de semana que quedan ata rematar o ano. 




Fotos Relacionadas