Miguel Ángel Garrido Conde, gañador do sorteo do desconto de 6.000 euros do 11º Salón do Automóbil

31-10-2019

>> Esta mañá fíxoselle entrega do cheque por ter mercado un coche no Salón do Vehículo de Ocasión, un Peugeot Traveller >> Foille entregado polo xerente e polo comercial do concesionario que vendeu o vehículo premiado e por Expourense acompañados por representantes de ABANCA

Ourense, 31/10/2019.- Miguel Ángel Garrido Conde, recibiu esta mañá no concesionario de Peugeot PSA Retail de Ourense o cheque desconto de 6.000 euros que gañou ó mercar un vehículo e participar así no sorteo promovido pola Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense (A.C.A.U.T.O.) e Expourense durante o 11º Salón do Automóbil que se celebrou durante as dúas últimas fins de semana de outubro no recinto feiral.

Un dos principais atractivos destas citas era este desconto de 6.000 euros entre todos aqueles que mercaran o seu coche, tanto no salón do automóbil novo como no de ocasión. Entre os 393 vehículos vendidos, A.C.A.U.T.O. realizou esta semana o sorteo ante Notario que deu como gañador ao ourensán Miguel Ángel Garrido Conde, quen mercou en Expourense un Peugeot Traveller no Salón do Vehículo de Ocasión no concesionario oficial da marca na provincia. “Buscaba un coche coma este e antes de ir de concesionario en concesionario preferín agardar ao salón de Exporuense porque sabía que alí estaban todos e que ía haber bos prezos. Foi velo e saber que era para min”, explica o gañador.

Hoxe fíxoselle a entrega do cheque desconto cuxa contía económica é achegada entre A.C.A.U.T.O. e Expourense. Foille entregado polo xerente de Peugeot en Ourense, Carlos Miranda; pola directora de Administración de Expourense, Cristina Álvarez, e polos representantes da entidade de ABANCA, Rubén Saavedra e Quique Romero.

Pie de foto (de izqda.a derecha)
Esteban Mato, Rubén Saavedra, Carlos Miranda, Jorge Martínez, Miguel Ángel Garrido, Enrique Romero, Cristina Álvarez, Abel López.

Fotos Relacionadas