07-05-2019 Previsel cumpre co obxectivo de fomentar a cultura preventiva entre toda a sociedade

  • >> O 14º Salón da Prevención e Seguridade ofreceu mais de 30 actividades formativas que atraeron a 2.500 visitas >> O director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, clausurou esta edición indicando que “é imprescindible traballar na prevención para intentar evitar a posterior intervención dos equipos de emerxencia”
Previsel, Salón da Prevención e Seguridade Laboral, pechou esta tarde as portas da súa 14ª edición consolidado como a única feira especializade en Prevención de Galicia e conseguindo o obxectivo de fomentar a cultura preventiva entre toda a sociedade a través dun completo programa de actividades formativas que conseguiu atraer ata o recinto de Expourense a 2.500 visitas. 

O acto de clausura de Previsel serviu un ano máis para recoñecer o traballo e a colaboración das distintas entidades que integran o comité asesor do salón e que organizan o programa de actividades e entre os que se atopan representantes da Administración, patronal, sindicatos, colexios profesionais e distintos corpos de seguridade e emerxencias. Este acto de clausura contou coa presenza do director xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia, Santiago Villanueva, quen insistiu na necesidade de investir en prevención para intentar evitar ou minimizar a posterior intervención dos distintos equipos de emerxencia”. O director xeral estivo acompañado neste acto polo vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; pola tenente alcalde de Ourense, Flora Moure; polo xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo, e por distintos representantes da Confederación Empresarial de Ourense (CEO) e do Instituto para a Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA).

Nesta segunda e última xornada de Previsel tiveron lugar actividades que contaron cun gran seguemento de asistentes como foi o caso da xornada sobre riscos ergonómicos organizada polo sindicato UGT que convocou a máis de 100 delegados de toda Galicia. Pola súa parte, a CIG celebrou tamén unha xornada sobre o cancro laboral que tamén contou con ampla participación.

Hoxe tamén foi o día no que se impartiu foi o seminario organizado pola CEO “Masterchef: prevención, benestar e saúde” no que a través dun curso que imitaba ao popular concurso de televisión, unha vintena de técnicos en prevención de empresas da provincia de Ourense puideron ampliar coñecementos sobre cómo liderar equipos e sobre cómo transmitir boas prácticas en prevención ao resto do cadro de persoal das súas empresas.

O ISSGA celebrou hoxe a súa segunda xornada formativa que abordou os factores biolóxicos e os riscos psicosociais que inflúen nas persoas que atenden e coidan a dependentes.

Dentro das actividades organizadas por TESGALICIA hoxe impartiuse un obradoiro de defensa persoal a cargo do instrutor nacional de defensa persoal, Cipri Gomes, e a segunda parte do curso de manexo de desfibrilador externo semiautomático DESA. 

A actividade en Expourense continuará a fin de semana que vén coa celebración da “Technium R Encounter” e os días 10, 11 e 12 de maio coa segunda edición do Car Oulet Ourense.



Imágenes asociadas




Julio 2019
L M X J V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031


imagen