24-11-2018 Expourense sortea este domingo un cheque regalo de 700 euros entre os visitantes

  • >> Celebra ofrece ideas innovadoras para personalizar vodas e outros eventos familiares ou empresariais >> Nais, pais e bebés participan activamente no programa de BEBEGA que inclúe charlas sobre preparación ao parto, seguridade viaria infantil, intelixencia emocional, estimulación sensorial, “fase painting” ou ioga >> Antigüidades, obxectos vintage e de coleccionista de expositores de 4 países danse cita en Antiq Auria
Ourense, 24/11/2018.- Expourense abriu esta mañá as portas da 19ª edición de Celebra, a feira decana das vodas e eventos en Galicia, e da 2ª edición de Bebega, Mostra do Bebé. Dúas citas que se veñen a sumar a Antiq Auria, 2ª Feira Internacional de Antigüidades, que xa comezou onte pola tarde. En total, tres citas especializadas que ofrecen unha inmellorable opción de lecer para as familias durante toda a fin de semana. Os visitantes das tres citas poden atopar ofertas e descontos especiais, ademais dun asesoramento especializado. Para apoiar aos expositores, esta mañá tivo lugar unha visita institucional na que participou o alcalde de Ourense e vicepresidente executivo de Expourense, Jesús Vázquez e a deputada provincial Montese Lama, xunto cos directivos de Expourense.

O momento máis álxido da xornada de hoxe foi a Pasarela Celebra, presentada pola cantante Lucía Pérez, e na que se presentaron coleccións e deseños “made in” Ourense para lucir o perfecto look en cermimonias.

Celebra
“Diferenciación e personalización 100% a prezos competitivos” iso é o que atopan as familias e parellas que se achegan ata o salón para coñecer a ampla oferta de produtos e servizos cos que dar resposta á complexa planificación de todo tipo de actos sociais: as cores, o decorado, os agasallos para os invitados, as flores, a música, o restaurante e a animación. Os expositores ofrecen ademáis descontos especiais para as reservas realizadas durante Celebra.

As estatísticas indican que se reduce cada vez o número de convidados nos eventos (130 de media nunha voda, por exemplo) pero que medra o gasto en cada un deles e iso non significa outra cousa que se coidan cada vez máis os detalles e os xestos de cariño cara os convidados. O custo medio dunha voda en Galicia ronda os 21.000 euros, o que supón un desembolso importante para as familias pero tamén unha oportunidade de negocio para as empresas especializadas que cada ano acoden a Celebra.

Para premiar a fidelidade dos visitantes ante os expositores, unha das novidades desta edición é o sorteo dun vale de compra de 700 euros entre as persoas que visiten durante o salón os stands das firmas que colaboran con esta iniciativa. Este vale poderán consumirse na empresa que desexe a persoa agraciada no sorteo tendo ata o 30 de abril de 2018 para consumilo.

A pasarela de moda nupcial convocou unha vez máis a centos de interesados hoxe, e volverá a ter lugar mañá domingo ás 18.00 horas, participan as seguintes empresas: Alma (Moda noiva  e festa); Angelo Milano (traxes de noivo e cerimonia); Badaladas (moda noiva, comuñón, bautizo  e festa); Drácena (arranxos florais); Loyma (xoiaría); Nicandra (moda noivas e festa); Paris Diffusion (perruquería e estética). Esta actividade está coordinada pola Axencia Luena que contou co apoio da cantante Lucía Pérez como mestra de cerimonias e que ofreceu ademais un pequeño concerto que repetirá mañá. Todas estas firmas aseguran a organización dun evento 100% ourensán, xa que ademais todas elas contan con coleccións de fabricación e deseño propio. 

Bebega
Bebega naceu hai un ano como unha mostra especializada no bebé para axudar ás familias a preparar a chegada do novo membro da familia. As empresas e asociacións participantes ofrecen un escolma de productos e servizos orientado ao benestar do recén nado: puericultura, moda, decoración, desenvolvemento intelectual, seguridade viaria, atención sociosanitaria, etc.

Destaca a ampla participación de familias cos seus fillos e fillas de curta idade ou embarazadas aínda no programa de actividades que ofrecía o salón nesta primeira xornada na que se puido practicar ioga, recibir información sobre seguridade viaria infantil ou participar no obradoiro de dinámicas de intelixencia emocional ou no de estimulación sensorial. Ademais hai obradoiros permanente de maquillaxe facial para os maís pequenos. Esta mostra conta ademais de novo coa participación da Asociación Galega de Matronas que participarán nesta cita para resolver as dúbidas tanto das embarazadas como das que veñen de dar a lu e que mañá falarán sobre a preparación para o parto. 

Os expositores de BEBEGA trouxeron ata Expourense recentes novidades como por exemplo os carriños de paseo recén presentados na feira de Madrid, últimas coleccións outono/inverno de moda e calzado infantil, ou sistemas de seguridade coas últimas tecnoloxías. Ademáis, os expositores da mostra realizarán entre os visitantes numerosos descontos e sorteos.

Antiq Auria
A segunda edición de Antiq Auria, Feira Internacional de Antigüidades, reúne a expositores procedentes de 4 países (España, Portugal, Francia e Suíza). Trátase dun 
evento organizado de forma conxunta entre o recinto feiral e a Asociación “Memoria Antiga” de Ourense. Os bos resultados acadados pola primeira edición, celebrada o pasado mes de maio, levou a convocar esta segunda cita das antigüidades na que un preto dun 80% dos expositores repiten contando ademais coa incorporación doutros novos como é o caso de Antigüedades Parrado, de Arévalo, unha das empresas máis importantes a nivel nacional.

Antiq Auria, punto de encontro de nostálxicos, presentará multitude de obxectos únicos e cheos de historia divididos entres sectores. A primeira delas será a das antigüidades propiamente ditas (obxecto con máis de 50 anos) como xoguetes, teléfonos, reloxos, mobles, xoias, porcelanas, etc. A outra área será o coleccionismo onde se poderán atopar numismática, filatelia, etc. Por último, esta cita conta tamén cun área reservada 
para os afeccionados aos obxectos e ropa vintage (sec. XX), que se teñen convertido nunha moda e nun referente á hora de decorar os fogares. 

Participan nesta feira expositores procedentes de todos os puntos de España e tamén expositores franceses e suízos que adoitan participar nos principais mercados centroeuropeos do sector. 

Ademais de punto de venta, Antiq Auria tamén pretende servir para que os visitantes teñan a posibilidade de taxar ou vender aquelas obxectos antigos que teñen nos seus fogares. Os interesados poderán coñecer o valor/prezo estimado das antigüidades e vendelas se lles resulta de interese. 

O programa de actividades previsto para mañá domingo é este:

11.30 a 13.00 h.: Gestión emocional para futuras madres, madres gestantes y madres con hijos de corta edad.
A cargo de: Psicología Torres (Ourense).  www.psicologiatorres.es

12.15 h.: Yoga para embarazadas.
Centro Akiwa Zen (Ourense).

16.00 h.- Prepárate para el parto!
Elena Rodriguez Vidal. Asociación Gallega de Matronas.

17.00 h.- "Taller Baby Ready". Programa de NENOOS para, a través del juego, sentar las bases del aprendizaje para un inicio en el cole de forma positiva. Para peques de 2 a 3 años acompañados de sus familias.
Mauro Santos. Director de NENOOS Ourense.

18.00 h.- Pasarela Celebra.

20.00 h.- Sorteo de cheque regalo Celebra




Imágenes asociadas




Diciembre 2018
L M X J V S D
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31


imagen