23-11-2018 Ourense, capital da comunicación e do marketing de Galicia

  • >> Os Premios Paraugas 2018 recoñecen en Expourense as boas prácticas no eido da impresión, deseño, creatividade, marketing convencional e dixital e comunicación de 18 empresas galegas >> Durante toda a xornada celebrouse tamén o 6º Foro da Comunicación de Galicia no que participaron 27 relatores e que foi seguida por 300 profesionais do sector de toda a comunidade

Ourense, 23/11/2018.- Ourense converteuse hoxe na capital da comunicación de do marketing de Galicia convocando en Expourense a máis de 300 profesionais destes sectores que asistiron tanto ao 6º Foro da Comunicación de Galicia como á entrega dos terceiros Premios Paraugas.

6º Foro da Comunicación

O Foro da Comunicación de Galicia, organizado por Expourense coa colaboración do Clúster da Comunicación Gráfica, celebrou hoxe a súa edición máis exitosa tanto en relación ó número e prestixio dos relatores participantes como pola acollida recibida por parte dos asistentes. Ao longo de toda a xornada de hoxe, máis de 300 profesionais do marketing e da comunicación de numerosas empresas galegas asistiron ao programa de conferencias no que participaron 27 relatores de prestixio de toda Galicia, ademais de outras partes de España. Destacou a participación de dous dos profesionais do sector máis influíntes e importantes destes sectores a nivel nacional e internacional: o publicista Toni Segarra e o experto en marketing internacional e exvicepresidente mundial de Coca-Cola, Marcos de Quinto.

O fío conductor deste foro foi análise do empoderamento do consumidor na era dixital onde o cliente ten o poder de cambiar a comunicación dunha empresa e de transformar o produto, o servizo, o marketing, etc.

III Premios Paraugas

O Clúster da Comunicación de Galicia entregou esta tarde no recinto feiral de Expourense os III Premios de Comunicación e Marketing de Galicia, Premios Paraugas, que se crearon en 2016 co obxectivo de recoñecerpublicamente o bofacer das empresas e dos profesionais que traballan en toda a cadea de valor da comunicación dentro da nosaComunidade Autónoma. Na edición deste ano, 18 empresas galegas recibiron premios.

No marco da convocatoria, establecéronse seis categorías de premios (con 24 subcategorías en total) ás que optaron máis de 250candidaturas. “Esta cifra evidencia –segundo o presidente do Clúster, Xosé Luis Reza- o interese crecente por un evento que, ano tras ano, se consolida como a gran festa galega da comunicación”. 

Por vez primeiraneste 2018, ademais, distinguíronse as mellores prácticas en impresión dixital e marketing online, “dous ámbitos de actividade cada vez máis demandados no eido da comunicación”, segundo destaca Reza.

Relación de premiados
A continuación detállanse as empresas e organizacións distinguidas no marco de cada unha das categorías:

Categoría Edición e Impresión Digital (Premios HP Índigo)

 Premio Paraugas ao Mellor Libro: Gráficas Anduriñapola obra “Drift”

 Premio Paraugas ao Mellor Catálogo Publicitario: Tórculo por “Losan: Catálogo Melaminas 2018”

 Premio Paraugas  á Mellor Etiqueta Impresa en Tecnoloxía Índigo: Coreti por “Buenavida”

 Premio Paraugas ao Mellor Traballo Comercial (libro, folleto ou catálogo) impreso con tecnoloxía Índigo: Campus na Nube S.L. por “Rara Avis”


Categoría Deseño (Premios GAIN)

 Premio Paraugas ao Mellor Deseño Gráfico: Desescribir pola “Identidade Gráfica da Fundación Arquitectura”

 Premio Paraugas ao Mellor Deseño Industrial: Cenlitrosmetrocadrado pola campaña “Naturhall”

 Premio Paraugas ao Mellor Deseño Dixital: Desoños pola campaña “Pepe Vieira”

Categoría Creatividade (Premios BySideCar)

 Premio Paraugas á Mellor Creatividade gráfica: Iconweb por “Circus”

 Premio Paraugas á Mellor Creatividade audiovisual: Campaña “Islandia” de Froitomar, desenvolvida por Reclam

 Premio Paraugas á Mellor Creatividade no Uso dos Medios: Hijos de Rivera S.A.U por “O roubo do século”, campaña realizada para “La casa de papel”

Categoría Marketing Dixital (Premios TAC)

 Premio Paraugas á Mellor Estratexia Dixital: Central Lechera Asturiana pola estratexia dixital data driven implementada por BySideCar

 Premio Paraugas ao Mellor Proxecto de Negocio Dixital: EvoBanco pola súa estratexia dixital de captación online implementada por BySidecar

 Premio Paraugas ao Mellor Proxecto de Social Media: Desenvidiate pola campaña de marketing de influencers desenvolvida por Roi Scroll

Categoría Marketing (PremiosAvante)

 Premio Paraugas  á Mellor Estratexia/AccióndeBranding: Bódegas Martín Códax polos “Xoves de Códax”

 Premio Paraugas á Mellor Acción Relación/Escoita ao Cliente: Marineda City por “Digital Marineda City”

 Premio Paraugas á MellorEstratexia/AccióndeProduto: EstrellaGalicia pola súacampaña “Fábrica de Cervexas/Percebes” (feita por Tony LeBrand)


Categoría Comunicación (Premios Iberinform)

 Premio Paraugas á Mellor Estratexia dedeComunicaciónExterna: “Encendemos Sutega” de Sutega, desenvolvida por quattro idcp

 Premio Paraugas á Mellor Estratexia deComunicaciónInterna: Nueva Pescanova por “Premios Rodolfo de Comunicación Interna”

 Premio Paraugas á Mellor Práctica na ComunicacióndeResponsabilidade Social Empresarial: CRTVG polas campañas de RSC da entidade

Premios honoríficos

Xunto a isto, o acto serviu tamén para por en valor o traballo e a traxectoria de diferentes empresas e persoas que se teñen significado polasúa contribución ao ámbito da comunicación en Galicia. Deste xeito, a empresa de artes gráficas Tórculo, que cumpre 35 anos; Carmen Fernández, directora de RRII de Mercadona en Galicia; Toni Segarra, un dos creativos máis relevantes e influíntes de España e Marcos de Quinto, ex vicepresidente de Coca Cola e ex director mundial de Marketing da firma, recibiron cadanseu premio Paraugas honorífico.

Tamén no marco do evento, a asociación Executivas de Galicia aproveitou a ocasión para destacar e premiar o traballo desenvuelto por Adriana Domínguez, conselleira delegada da empresa Adolfo Domínguez (AD).

Entidades organizadoras

Os Premios Paraugas da Comunicación e do Marketing de Galicia, organizados polo Clúster da Comunicación Gráfica de Galiciacontanco patrocinio de entidades e empresas como TAC!, HP, Iberinform, Avante, GAIN (organismo dependente da Consellería de Economía da Xunta) e BySidecar. 

Ademais, colaboran no evento Expourense, Galicia Calidade, o Concello de Ourense e a Deputación Provincial de Ourense, Miraveo, Aceites Abril, Atelier Gráfica Visual, Atlántica, Fundación Santo André de Teixido, a D.O. Valdeorras, o Banco Sabadell, Executivas de Galicia, Creatividade Galega, Dircom Galicia, Markea e o Igape.

Ao acto asistiu un nutrido grupo de profesionais de toda Galicia, entre os que se atoparon directivos de marketing e comunicación de destacadas empresas, así como de axencias de publicidade, deseñadores das artes gráficas e editores, e outros expertos destes campos, que contribúen co seu traballo a fomentar a competitividade galega no eido da comunicación.





Imágenes asociadas




Diciembre 2018
L M X J V S D
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31


imagen