08-11-2018 Expourense entrega os VIII Premios “Líderes en Calidade” para celebrar o Día Mundial da Calidade

  • >> Casa Grande de Xanceda, Hospital Universitario Lucus Augusti, Colexio Rural Agrupado de Ponteceso, GADISA e Down Galicia foron os premiados deste ano

Ourense, 08/11/2018.- “Líderes Ocultos. Heroes da Calidade”. Este é o lema do Día Mundial da Calidade 2018 que se celebra hoxe 8 de novembro e que, como é habitual nos últimos anos, Expourense conmemorou organizando unha Xornada de Exaltación. Esto incluíu a entrega dos Premios “Líderes en Calidade” a empresas e institucións galegas recoñecidas por ser un modelo a seguir nos seus respectivos sectores e das que destaca o seu compromiso coa Calidade e co Medio Ambiente. 

Esta entrega de premios é o único acto celebrado en Galicia para celebrar o Día Mundial da Calidade e ten o obxectivo sensibilizar tanto a empresas privadas como a entidades públicas da necesidade de incorporar aos seus modelos de xestión as directrices da calidade e do medio ambiente, co fin de prestar servizos eficientes e acadar a satisfacción do cliente. Deste xeito, poténciase a existencia de empresas e administracións competitivas nun escenario globalizado. 

A xornada comezou coa intervención do director xerente de Expourense, Alejandro Rubín, e o director da Rexión Atlántica de AENOR, Martín Pita, que son dous grandes defensores da implantación de sistemas de xestión de Calidade, Medio Ambiente e da Responsabilidad Social Corporativa nas empresas galegas e que insistiron en que “a calidad é un punto de encontro que nos fai sentir cómodos porque a todos nos gustan facer as cousas ben” e indicaron que xa un aspecto básico na competitividade empresarial.

VIII Premios Líderes en Calidade 

Por oitavo ano consecutivo, un xurado integrado polo Comité Executivo de Expourense, a entidade de certificación AENOR e a consultora Serviguide, elixiu ás empresas e institucións merecedoras dos premios “Líderes en Calidade” a empresas e entidades galegas. Éstas pertencen aos sectores que máis preocupan ao cidadán como son a Alimentación, a Sanidade, a Educación ou o Medioambiente-Sustentabilidade. Este ano, como novidade, inclúese a categoría de Servizos Sociais, dado o importante papel que desempeña este sector nunha sociedade inclusiva.

A xornada comprendeu unha presentación de cada empresa ou institución distinguida sobre a súa experiencia ao incorporar a Calidade e o Medio Ambiente ao seu modelo de xestión. Con esta acción, o Padroado de Expourense pretende contribuir a poñer en valor o esforzo das organizacións que se dotan de sistemas que lles permiten competir mundialmente, independentemente da súa dimensión, e que poden servir de modelo a outras empresas. 

Os premios foron entregados por membros do Padroado de Expourense como o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; a secretaria da delegación territorial da Xunta de Galicia, Silvia Dorado; o vicepresidente da Deputación de Ourense, Jorge Pumar; e o vicepresidente da CEO; José Manuel Díaz. Ademais das empresas recoñecidas, entregouse un premio especial ao director de AENOR na rexión Atlántica, Martín Pita, que presentou e moderou estes premios durante as oito edición que levan entregándose. 

As entidades premiadas como “Líderes en Calidade” polo xurado no 2018 foron:

• Sector Alimentación: Casa Grande de Xanceda.
A traxectoria desta empresa foi presentada polo seu xerente Guillermo Martínez e pola súa reposanble de calidade, Nuria Garaboa. Baixo a máxima do presidente da empresa de “Calidade, calidade, calidade” e de ofrecer “cercanía e transparencia”, Casa Grande de Xanceda está ubicada en Mesía (A Coruña) e está celebrando o seu 50º aniversario. É unha granxa familiar en Galicia, que produce leite e produtos lácteos ecolóxcios e de calidade. Ten 40 traballadores, 200 hectáreas de prados e bosques nos que pasean e pacen 380 “vacas felices”. Foi unha das primeiras ganderías lácteas en converterse en ecolóxica, e na actualidade é o segundo maior produtor ecolóxico de España. Son todo un referente nos produtos elaborados con leite fresco e de pastoreo.

• Sector Sanitario: Hospital Universitario Lucus Augusti.
A presentación do Hospital Universitario Lucus Augusti,- HULA pertencente á Estructuctura Organizativa de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, correo a cargo do seu xerente, Ramón Ares.Son un complexo sanitario público que da emprego directo a 5.500 traballadores e que atenden un área na que habitan 350.000 persoas. Entende a calidade como unha ferramenta de xestión para mellorar a calidade do servizo e a seguridade do paciente. Situado en Lugo, o HULA foi inaugurado no ano 2011 e está recoñecido como un centro orientado ás necesidades das persoas, aberto e accesible, e integrado na rede de Atención Primaria, centros hospitalarios públicos da provincia e outros centros de referencia de Galicia. Consolidouse como un hospital resolutivo e responsable na xestión dos seus recursos manténdose ao nivel dos mellores centros de España. Cun modelo de xestión e atención orientado á calidade total, que aplica a mellor evidencia, impulsa as alianzas e apóiase  solidamente nas novas tecnoloxías.

• Sector Educación: Colexio Rural Agrupado Nosa Señora do Faro de Ponteceso.
Situado en Ponteceso (A Coruña), o Centro Rural Agrupado Ponteceso é un colexio especial, un Centro formado por outros centros pequenos, Escolas Unitarias, nas que se escolarizan nenos e nenas pertencentes a distintos niveis educativos: Educación Infantil e primeiros Ciclos de Educación Primaria. A presentación correu a cargo da súa directora Rosa Barreiro acompañada pola xefa de estudos, Ana Montáns e pola secretaria do centro, Paula Souto. O CRA está formado por oito unidades situadas en distintas parroquias pertencentes ao concello de Ponteceso (e tamén de Malpica), a distancia media entre elas é de oito quilómetros e dispón dun centro de reunión e traballo. Está integrado por sete mestres que atenden todas as áreas do currículo de Educación Infantil e de Educación Primaria así como as Especialidades L.OG. S.E. O alumnado está formado por nenos e nenas de tres anos ata dez anos. A metodoloxía é a metodoloxía do encaixe, distintas partes dun mesmo ensamblaxe. A súa meta é que o alumnado aprenda vencellado ao medio que lle rodea sen que isto signifique caer no illamento. A súa política de calidade está baseada en detectar as necesidades e expectativas das partes interesadas e darlles saída a base de “correxir e mellorar”.

• Medioambiente: GADISA.
A presentación da política medioambiental de GADISA correu a cargo do seu xefe de publicidade, José Luis Fernández Astray, que explicou que esta empresa vén desenvolvendo unha estratexia de sustentabilidade ambiental que, a grandes liñas, baséase en tres alicerces fundamentais: eficiencia enerxética, aprovisionamento sustentable e redución de residuos e emisións. Para cada un destes obxectivos intégrase unha serie de actuacións e melloras coa premisa de engadir valor ao servizo minimizando o impacto xerado. Ademais das accións desenvoltas internamente en materia de sustentabilidade ambiental, tamén colabora con iniciativas externas promovidas por entidades como o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia ( CEIDA), ao que leva 15 anos apoiando no seu labor de fomento de boas prácticas ambientais en todos os sectores sociais, a través de accións como, por exemplo, os Congresos de Educación Ambiental para centros de ensino. En conto á Responsabilidade Social Corporativa, Gadisa unha gran importancia ao seu propio programa, no que se implican tanto os traballadores como o equipo directivo. En 2017 colaborou con 2.137 accións, das que moitas contan co seu apoio desde hai anos e son un referente do labor social. Ten ademais, especial coidado na selección dos seus proveedores que prefiere que sexan locais e ecolóxicos.

• Servizos sociais: Federación Galega de Institución para a Síndrome de Down - Down Galicia.
A presentación de Down Galicia correu a cargo da súa directora, Sonia Caldas, quen indicou que a “calidade xenera credibilidade e recoñecemento social”. Trátase dunha entidade sen ánimo de lucro, que agrupa ás sete Asociacións específicas para a síndrome de Down da Comunidade Autónoma de Galicia. A Federación foi creada a principios do ano 1.998 para canalizar as demandas do colectivo de persoas coa síndrome de Down ante a Administración e achegar solucións para contribuír a normalizar a súa situación na sociedade. A súa principal misión é coordinar, apoiar e impulsar o labor de contribución das entidades membro á mellora da calidade da vida de cada persoa con síndrome de Down e con discapacidade intelectual e das súas familias, a través da plena inclusión social e da utilización dos recursos ordinarios da comunidade, asumindo o establecido na Convención de Nacións Unidas sobre dereitos das persoas con discapacidade.Os principios que rexen a súa actividade son: Diversidade, Dignidade, Autodeterminación, Igualdade de oportunidades e Inclusión.






Imágenes asociadas




Noviembre 2018
L M X J V S D
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930


imagen