07-11-2018 Rosa María Otero Álvarez, gañadora do sorteo do desconto de 6.000 euros do 10º Salón do Automóbil

  • >> Esta mañá fíxoselle entrega do cheque por ter mercado un coche no Salón do Vehículo de Ocasión, un Peugeot 208 >> Foille entregado polo xerente e polo comercial do concesionario que vendeu o vehículo premiado e por Expourense acompañados por representantes de ABANCA

Ourense, 07/11/2018.- Rosa María Otero Álvarez, recibiu esta mañá no concesionario de Peugeot PSA Retail de Ourense o cheque desconto de 6.000 euros que gañou ó mercar un vehículo e participar así no sorteo promovido pola Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense (A.C.A.U.T.O.) e Expourense durante o 10º Salón do Automóbil que se celebrou durante dúas fins de semana de outubro no recinto feiral.

Un dos principais atractivos destas citas era este desconto de 6.000 euros entre todos aqueles que mercaran o seu coche, tanto no salón do automóbil novo como no de ocasión. Entre os 429 vehículos vendidos, A.C.A.U.T.O. realizou esta semana o sorteo ante Notario que deu como gañadora a Rosa María Otero Álvarez, quen mercou en Expourense un Peugeot 208 no Salón do Vehículo de Ocasión no concesionario oficial da marca na provincia. 

Rosa Otero é veciña de Amoeiro e visitaba por primeira vez o Salón do Automóbil. “ïa coa idea fixa de mercar un coche pequeno e compacto porque o que teño xa ten vinte anos. Atopeime no Salón con Víctor, comercial da Peugeot, que é meu veciño en Amoeiro, e xa me deixei convencer”. Hoxe fíxoselle a entrega do cheque desconto cuxa contía económica é achegada entre A.C.A.U.T.O. e Expourense. Foille entregado polo xerente de Peugeot en Ourense, Carlos Miranda; polo comercial que lle vendeu o coche, Víctor González; pola directora de Administración de Expourense, Cristina Álvarez; polo director de Ourense Centro de ABANCA, Quique Romero, e polo tamén representante de ABANCA, Nacho Domínguez.





Imágenes asociadas




Noviembre 2018
L M X J V S D
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930


imagen