29-10-2018 Os Premios Paraugas, que acadan a súa terceira edición, distinguirán por vez primeira boas prácticas en impresión dixital e marketing online

  • Expourense acollerá a gala de entrega destes galardóns o vindeiro 23 de novembro

O Clúster da Comunicación Gráfica promove a entrega dunha nova edición dos Premios Paraugas na cidade das Burgas. A gala de entrega terá lugar en Expourense o vindeiro 23 de novembro, nun acto posterior á celebración do VI Foro da Comunicación de Galicia. Estes premios naceron hai dous anos coa idea de poñer en valor e distinguir o excelente traballo que se fai na nosa terra nas áreas de deseño, creatividade, edición, impresión e marketing.

Por vez primeira, ademais, os premios distinguirán tamén boas prácticas nos ámbitos da impresión dixital e do marketing online, dous campos de actividade que están a medrar considerablemente en demanda. Na convocatoria, cuxo prazo de inscrición pecha o vindeiro día 9 de novembro, poden participar traballos desenvolvidos entre o mes de outubro de 2017 e o de outubro de 2018 que teñan que ver con algunha das categorías fixadas. A inscrición pode efectuarse dixitalmente a través da páxina web creada ao efecto: premios.clustercomunicacion.gal, encadrada dentro do portal clustercomunicacion.gal.

Deste xeito, a convocatoria recoñecerá o labor de empresas, institucions e organizacións que destaquen polo seu bo facer dentro das áreas que conforman a cadea de valor da comunicación, poñendo en valor a efectividade das súas accións de innovación no uso de materiais, soportes e medios.

Presentación dos traballos

O xurado –que estará conformado por membros da Xunta Directiva do Clúster da Comunicación Gráfica de Galicia e por outros membros de asociacións integradas no organismo tales como Markea, Dircom Galicia e Creatividade Galega, así como por diversos profesionais de prestixio– valorará os traballos no seu conxunto.

Por vez primeira, algunhas das categorías están patrocinadas por entidades ou empresas que respaldan a iniciativa tales como TAC, HP Índigo, Iberinform, Avante, GAIN ou BySidecar.

Deste xeito, a terceira convocatoria dos galardóns define as seguintes categorías:

Categoría Edición e Impresión Dixital (Premios HP Índigo)

 Premio Paraugas ao Mellor Libro

 Premio Paraugas ao Mellor Catálogo Publicitario

 Premio Paraugas  á Mellor Etiqueta Impresa en Tecnoloxía Índigo

 Premio Paraugas  ao Mellor Traballo Comercial (libro, folleto ou catálogo) impreso con tecnoloxía Índigo

Categoría  Deseño (Premios GAIN)

 Premio Paraugas ao Mellor Deseño Gráfico

 Premio Paraugas ao Mellor Deseño Industrial

 Premio Paraugas ao Mellor Deseño Dixital

Categoría Creatividade (Premios BySideCar)

 Premio Paraugas á Mellor Creatividade gráfica

 Premio Paraugas á Mellor Creatividade audiovisual

 Premio Paraugas á Mellor Creatividade no uso dos Medios

Categoría Marketing Dixital (Premios TAC)

 Premio Paraugas á Mellor Estratexia Dixital

 Premio Paraugas ao Mellor Proxecto de Negocio Dixital

 Premio Paraugas ao Mellor Proxecto de Social Media

Categoría Marketing (Premios Avante)

 Premio Paraugas á Mellor Estratexia/Acción de Branding

 Premio Paraugas á Mellor Acción Relación/Escoita ao Cliente

 Premio Paraugas á Mellor Estratexia/Acción de Produto

Categoría Comunicación (Premios Iberinform)

 Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Comunicación Externa

 Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Comunicación Interna

 Premio Paraugas á Mellor Práctica na Comunicación da Responsabilidade Social Emrpesarial

Gala de entrega e homenaxes

Os premios entregaranse o 23 de novembro de 2018 nunha gala especial, dentro da celebración do VI Foro de Comunicación de Galicia, no recinto feiral de Expourense. Nese mesmo acto, o Clúster homenaxeará a persoeiros e/ou institucións que, pola súa traxectoria, pola súa contribución ou por compartir os principios fundacionais do organismo, sexan merecedores desta distinción.

O acto servirá tamén para por en valor o traballo e a traxectoria de diferentes empresas e persoeiros que se teñen significado pola súa contribución ao eido da comunicación en Galicia. Deste xeito, a empresa de artes gráficas Tórculo, que cumpre 35 anos; Carmen Fernández, directora de RRII de Mercadona en Galicia; Toni Segarra, un dos creativos máis relevantes e influintes de España e Marcos de Quinto, ex vicepresidente de Coca Cola, serán homenaxeados durante a entrega dos Premios Paraugas.

Sobre o Clúster da Comunicación Gráfica

O Clúster de la Comunicación Gráfica representa á cadea de valor da comunicación en Galicia. Na actualidade, representa a 250 empresas con domicilio social en Galicia, que facturan preto de 300 millóns de euros. O Clúster posúe a cualificación de Asociación Empresarial Innovadora (AEI) outorgada por el Ministerio de Industria e entre os seus obxectivos máis relevantes figura a procura da mellora da competitividade dos seus membros a través de catro vías de acción: comunicación, colaboración, innovación e internacionalización.




Imágenes asociadas




Noviembre 2018
L M X J V S D
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930


imagen