26-10-2018 O 10º Salón do Vehículo de Ocasión ofrece 400 oportunidades de atopar o coche que precisas

  • • Celébrase durante esta fin de semana en Expourense coas mellores vantaxes en prezo, financiamento, mantemento e garantías

Ourense, 26/10/2018.- De 6.900 a 59.900 euros. Esta é a ampla franxa de prezos na que se moven os 400 vehículos de todas as marcas, gamas e modelos que Expourense ofrece dende hoxe e ata o domingo ás 20.00 h.. O 10º Salón do Automóbil- Vehículo de Ocasión presenta a mellor oferta en Galicia en vehículos de ocasión, seminovos, xerencia e kilómetro cero que contan con inmellorables condición, xa non só no prezo (con descontos de ata o 50%), senón tamén de financiamento, seguros (co “a todo risco” de agasallo en moitos casos), garantías (de ata 4 anos ou máis) e servizos engadidos. Estes son algúns dos atractivos que presentan os concesionarios asociados a A.C.A.U.TO. no 10º Salón do Automóbil de Ocasión.

Esta cita contou esta tarde coa visita do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, que quixo apoiar aos empresarios deste sector tan puxante na provincia.  Durante a súa visita ao salón, o alcalde, guiado polo presidente de A.C.A.U.TO., Ramón Seijas, estivo acompañado por outros membros do padroado de Expourense e autoridades locais, provincias e representantes de distintos colectivos de empresarios.

O 10º Salón de Ocasión preséntase máis completo ca nunca co maior número de coches dispoñibles ata o momento. A oferta é moi ampla e poden atoparse numerosos vehículos que representan os tres eixos do mercado de ocasión: os kilómetro cero (novos que se venden así por obxectivos comerciais que indica o fabricante); seminovos (con menos de 2 anos e menos de 50.000 kilómetros froito de renting empresarial); e o de ocasión (que foi empregado por un particular e entregado no concesionario).  

Logo dos bos datos acadados durante a fin de semana pasada, con datos que superan lixeiramente os obtidos en 2017, os expositores mostran o seu optimismo e contan con pechar de aquí ó domingo a venda de numerosos vehículos, xa que presentan “unha oferta completa que resposta ás necesidades de todo tipo de público e con prezos especiais só para estes días”. 

Polo que respecta á compra dun vehículo de ocasión, dende A.C.A.U.T.O. recomendan acudir sempre a profesionais porque estes ofrecen unhas garantías inexistentes nas transaccións entre particulares xa que, por lei, hai que ofrecer un ano de garantía total, sendo moitas as empresas que extenden esta garantía ata dous anos ou máis, no caso dos seminovos (de 0 a 3 anos). As garantías ofrecidas aos coches mercados neste salón son moi semellantes ás dos coches novos xa que “as marcas están a traballar moito por profesionalizar o mercado de ocasión e xa case todas teñen a súa propia división de vehículos de ocasión”, explican.

Outra vantaxe é a xestión de documentación do proceso de compra-venda, do que se encarga o profesional. “Neste salón somos todas empresas fiables e solventes e iso ofrece moitas garantías para o comprador que sabe onde estamos se tivera algún problema ou dúbida co vehículo que merca”, indican dende ACAUTO.

Como incentivo para animar aos visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización volverá sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun automóbil durante esta fin de semana, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do prezo do vehículo adquirido e que supón o desconto máis grande realizado en feiras deste tipo en Galicia. 

Este salón conta de novo co patrocinio de ABANCA e seguirá colaborando con Cáritas Ourense. Conta ademais cun servizo de ludoteca gratuíto para nenos e nenas de ata 12 anos que converten a esta cita nunha boa opción para as familias durante a fin de semana.

O horario do 10º Salón do Automóbil de Ocasión é mañá sábado de 10.00 a 20.30 h., e o domingo de 11.00 a 20.00 h. 




Imágenes asociadas




Noviembre 2018
L M X J V S D
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930


imagen