20-10-2018 O público volve apostar polo 10º Salón do Automóbil de Expourense para mercar un coche novo

  • >> Ó redor de 7.350 visitas elixiron o recinto feiral esta fin de semana para coñecer as novidades das marcas que operan no mercado ourensán

Ourense, 21/10/2018.- O 10º Salón do Automóbil Novo foi un evento bo para todos. Para o público porque tivo a oportunidade de mercar un coche novo coas mellores condicións de prezo, financiamento e servizos post-venda e para os propios concesionarios da provincia porque este salón supón “un valor seguro á hora pechar as vendas anuais xa que supón un gran pulo no tramo final do ano”, tal e como indican den A.C.A.U.T.O. 

O 10º Salón do Automóbil-Vehículo Novo converteu a Expourense durante esta fin de semana no concesionario máis grande de Galicia ao que se achegaron ó redor de 7.350 visitas para coñecer a ampla oferta que estivo composta por 300 vehículos de máis de 22 marcas de todas as gamas, modelos e prezos. As 16 empresas participantes fixeron unha forte aposta neste salón ampliando as opcións de selección á hora de elixir un coche, xa que a meirande parte deles ofreceron importantes descontos especiais de feira que superaban en moitas ocasión o 30% do prezo de venda no concesionario. 

Unha vez máis quedou demostrada a afición da poboación ourensá por todos os eventos relacionados co mundo do motor. “O cliente ourensán é moi esixente e chega coas ideas moi claras”, explican dende a asociación de concesionarios. A boa acollida deste salón radica tamén en que a oferta está moi estudada por parte dos expositores que ofrecen os modelos máis demandados. 

Esta cita conseguiu satisfacer as expectativas dos expositores e, segundo afirman dende A.C.A.U.T.O., “polo momento parece que se superan lixeiramente os datos da última edición”. Os datos finais de vehículos vendidos darase o vindeiro domingo na clausura do Salón do Vehículo de Ocasión, xa que “ao longo desta semana, moitas das visitas que viñeron a Expourense e non se decidiron no momento, pecharán a compra nestes días”. 

O feito de poder atopar no mesmo espazo toda a oferta en vehículos da provincia e o sorteo dun desconto de 6.000 euros (que supón o desconto máis grande realizado en feiras deste tipo en Galicia) entre os que mercaran aquí o seu coche contrubuíu a acelerar o proceso de decisión dunha compra que require dun importante desembolso económico. 

Cun amplo abano de prezos entre os 9.490 e os 230.000 euros, este salón ofrecía modelos de coches para todas as necesidades. Preguntándolle aos expositores cál foi o modelo máis vendido no salón non pode sacarse unha conclusión clara, xa que se venderon modelos de todas as gamas, se ben parece que destacan os denominados “Crossover” ou SUV e aqueles que ofrecen máis eficiencia e menor consumo.

Repetiu presenza neste salón o Road Show de Mazda que permitía probar todas as novidades da marca acompañados dunha ducia de monitores da marca chegados dende distintas partes de España. 

O 10º Salón do Automóbil continuará a fin de semana que ven (26 a 28 de outubro) coa celebración da edición adicada ao Vehículo de Ocasión no que volverán a estar presentes os concesionarios asociados a A.C.A.U.T.O. As vendas realizadas neste salón tamén estarán incluídas na aportación de 15 euros por vehículo vendido que van facer ACAUTO e Expourense a Cáritas Ourense.




Imágenes asociadas




Noviembre 2018
L M X J V S D
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930


imagen