14-06-2018 Dezaseis expertos de España e Suíza promoven a eficiencia enerxética na edificación

  • >> Un cento de profesionais da construción e instalación asistiu ó XII Simposio sobre Enerxías Renovables celebrado hoxe en Expourense >> Os casos prácticos presentados posicionan a Ourense como referencia europea no emprego da xeotermia

Ourense, 14/06/2018.- Construír pensando na eficiencia analizando ben a contorna antes de comezar a edificar para garantir que esa obra sexa autónoma, gastando a menor cantidade de enerxía posible. Este foi o fío condutor do XII Simposio sobre Enerxías Renovables celebrado hoxe en Expourense e no que 16 expertos de España e Suíza promoveron a edicficación responsable e sostible. Esta xornada reuniu a un cento de profesionais que seguiron con interese as ponencias e que participaron activamente na rolda de preguntas buscando que estes expertos lles solventaran as dúbidas coas que se atopan á hora de realizar, por exemplo, instalacións empregando xeotermia.

Partindo da base de que a enerxía máis verde é que non se consome, este simposio serviu unha vez máis para poñer en valor o papel que xoga a arquitectura na construción de edificios autosostibles que consomen unha enerxía próxima a cero presentando para elo casos prácticos de éxito en distintas zonas de España, incluíndo tamén á cidade de Ourense que se posicionou como un referente europeo no emprego da xeotermia e da edificación bioclimática. Esta xornada foi inaugurada polo vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e polo concelleiro de Promoción Económica de Ourense, Jorge Pumar, que estiveron acompañados polo coordinador do simposio e xerente de INGEO, Alfredo Fernández, e pola directora adxunta de Expourense, Emma González.

Nesta xornada falouse “arquitectura sostible”, un concepto que inclúe dende os materiais que se utilizan na edificación (de kilómetro cero, con materiais locais) ata o estudio pormenorizado do clima existente no lugar onde se vai construir o edificio. Pero a sustentabilidade abordouse nesta xornada como unha tarefa colectiva na que non abonda con que o edificio sexa eficiente, senón que tamén se fai necesario “educar ao consumidor” para que non desaproveite esas instalacións eficientes. Tal e como indicou Alfredo Fernández, coordinador desta xornada, “de nada ter unha casa con enerxía 100% reciclable e poñer o termostato no verán a 17º ou a 28º no inverno porque con esas accións o edificio deixa de ser sostible porque consomé moita maís enerxía da necesaria”.

A xornada comezou coa ponencia internacional dos suízos Daniel Anderegg e Alfons Erbnother, responsables do departamento de xeotermia da empresa Haka-Geradur, o fabricante máis importante de Europea de materiais de captación de enerxía xeotérmica. Trátase da empresa que máis innova en sistemas de intercambio xeotérmico e nesta xornada presentaron en primicia as novidades sobre os materiais que están a usar para captar enerxía en instalación xeotérmicas.

Este simposio continuou coa presentación do proxecto “GeoAtlantic”, iniciativa de cooperación transnacional liderada polo Concello de Ourense que ten o obxectivo de fomentar a eficiencia dos recursos actuando sobre tres eixos: Favorecer o paso a unha economía baixa en carbono en todos os sectores; Fomentar a produción e distribución de enerxía derivada de fontes renovables e promover as enerxías renovables e a eficiencia enexética. Este proxecto busca promover o uso da xeotermia nas comunidades para favorecer a transición enerxética no Espazo Atlántico a través da posta en marcha de ecosistemas locais favorables que impulsen os recursos xeotérmicos locais.

“O arquitecto ten que aprender do sitio onde vai construír. A globalidade en edificación é insostible. Cada lugar pide un tipo de edificio e temos que evitar que a últimacasa do pobo se convirta no primeiro chalet de campo”. Esta foi a reflexión que fixo o profesor da Escola de Arquitectura da Universidade de Castela A-Mancha, Javier Bernalte, que citando á pensadora María Zambrano, fixo un percorrido polas súas obras nas que fusiona a edificación popular e tradicional con deseño arquitectónico e a eficiencia enerxética. Pola súa parte o arquitecto e director xeral de Urbanismo e Planificación Urbana do Departamento de Planificación Territorial de Euskadi, Ignacio de la Puerta, explicou dende o punto de vista da Administración, os pasos que segue o goberno vasco para integrar o uso das renovables e a eficiencia enerxética nos edificios públicos. A última das intervencións deste panel sobre “Arquitectura e Edificación” presentou á cooperativa de arquitectura, enxeñería e urbanismo “Celobert” de Barcelona que cooreu a cargo do arquitecto Miquel Mayor e do enxeñeiro David Fernández. Baixo a máxima de bonito, bo, sustentable e asequible, esta cooperativa traballa para darlle un uso social ao emprego das renovables e promoven obras eficientes enerxeticamente que empresas renovables con materiais locais e a presos accesibles para a poboación.

No primeiro panel de presentación de casos prácticos presentáronse exemplos de obras realizadas en distintos puntos de España. O enxeñeiro e director de HDA Instalaciones, Javier Torres, presentou dous casos diferentes. O primeiro deles sobre unha urbanización de luxo en Boadilla del Monte en Madrid con 36 vivendas 100% renovables, autosuficientes e autónomas que construíron partindo de cero e o outro caso foi a reconversión en autosostible dun edificio xa construído no centro de Guadalaxara. Por outro lado, o enxeñeiro xefe de responsable de Prescripción Nacional de Vaillant, Germán Almendariz, presentou o complexo residencial “Calanda Homes” de consumo cero ubicado nos antigos Estudos Buñuel de Madrid. Esta obra ven de recibir o premio nacional ASPRIMA-SIMA 2018 que recoñece a eficiencia enerxética en proxectos inmobiliarios. Esta mesa redonda incluiu tamén a presentación da urbanización “La Finca” en Pozuelo (Madrid), coñecida por ser a residencia de varios xogadores do Real Madrid como Cristiano Ronaldo. Trátase de 120 vivendas que empregan 100% xeotermia para conseguir calefacción, aire acondicionado e auga sanitaria.
 
A sesión de tarde deste XII Simposio estivo centrada na presentación de casos en Galicia. O primeiro en intervir foi o arquitecto ourensán Pablo Falcón, pioneiro na provincia na arquitectura bioclimática incorporando á edificación enerxías renovables e xeotermia. Presentou dous exemplos de construcións autónomas deseñadas por él e ubicadas en O Incio e en A Derrasa que empregan xeotermia. 

A seguinte mesa redonda xirou sobre “Vivendas sostibles e autónomas” na que participaron dous representantes da fábrica máis importante de España de bombas de calor, a viguesa Ecoforest. Presentaron as últimas novidades e tendencias no emprego das bombas de calor. Tamén vencellada co emprego da bomba de calor, neste caso para crear enerxía solar fotovoltaica, está ponencia que impartiu o CEO de Enertres (Vigo), Manuel López, explicou a tendencia de construír “casas eléctricas” (como ocorre cos coches).

Esta xornada concluiu coa presentación de dous casos de edificios autosostibles na cidade de Ourense e que empregan enerxía xeotérmica procedente da contorna de As Burgas. O primeiro caso foi o presentado polo enxeñeiro responsable de proxectos en IPA, José López Padrón, que explicou as obras que se están a realizar nun edificio de 6 andares ubicado na rúa Parada Justel poñéndoas como exemplo para promotores e construtores do emprego da xeotermia coa finalidade de convencelosres de que o emprego de enerxías renovables e da xeotermia é unha vantaxe á hora de vender as súas promocións inmobiliarias.

 O último dos casos presentados neste XII Simposio foi o do proxecto do hotel 4 estrelas IMI de última xeración 100% renovable no centro de Ourense, na rúa Reza, que foi explicado polo enxeñeiro responsable de desenvolvemento de Kasaka Systems, Nicolau Pinto.

De xeito complementario, houbo un espazo expositivo para aquelas empresas que quixeron presentar os seus produtos relacionados coa eficiencia enerxética e as enerxías renovables.

Esta actividade estivo organizada por Expourense coa asesoría da empresa Investigación Geotérmica (INGEO) e contou coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense e do Concello de Ourense a través da Área de Promoción Económica. 





Imágenes asociadas




Julio 2018
L M X J V S D
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031


imagen