15-01-2018 O C.R.D.O. Monterrei ratifica a súa colaboración con Expourense

  • >> Estarán presentes en todas as feiras e eventos organizados polo recinto ao longo de ano >> En Xantar participarán no Túnel do Viño e recibirán a visita de touroperadores especializados en enogastronomía de España e Portugal

Ourense, 15/01/2018.- O C.R.D.O. Monterrei ratificou hoxe a súa condición de colaborador fixo de Expourense, o que lle permitirá estar presente en todas as feiras e eventos organizados polo recinto para este ano 2018. A sinatura deste convenio correu a cargo da presidenta da D.O. Lara da Silva, e o director xerente de Expourense, Alejandro Rubín. Este Consello Regulador é colaborador fixo dende o ano 2015. Isto implica a participación de Monterrei nas distintas accións promocionais que Expourense realiza ó longo do ano, sobre todo en Portugal, en virtude dos tintos convenios de cooperación transfronteiriza que a Fundación mantén con distintas entidades da Eurorrexión.

Esta colaboración especial para o 2018 dará comezo durante a celebración de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que terá lugar entre o 31 de xaneiro e o 4 de febreiro. O C.R.D.O. Monterrei estará presente no Túnel do Viño, un área que lles presentará aos visitantes a calidade e as variedades autóctonas galegas. O consello convida ás adegas adscritas a participar neste espazo, un dos máis visitados polos profesionais que acoden ao salón para coñecer novas referencias. Os seus viños estarán presentes ademais maridando os pratos elaborados con produtos de calidade de Galicia nos showcookings de Xantar. 

Ademais, está previsto que a Denominación de Orixe reciba in situ aos touroperadores especializados en turismo enogastronómico de España e Portugal que participarán no II Workshop de Turismo de Xantar.





Imágenes asociadas




Junio 2018
L M X J V S D
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930


imagen