04-01-2018 Expourense acolle este domingo a XIV Copa de Clubes de Pista Cuberta

  • >> Trátase dunha competición organizada pola Federación Galega de Atletismo na que participarán os oito mellores equipos galegos

Ourense, 05/01/2018.-  A pista cuberta de atletismo de Expourense acolle este domingo 7 de xaneiro a XIV Copa de Clubes de Pista Cuberta na que participarán os oito mellores equipos galegos. Trátase dunha proba organizada pola Federación Galega de Atletismo coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e comezará a partir das 10.30 h. 

Esta copa foi presentada esta mañá nun acto celebrado no salón de plenos do Concello de Ourense no que participou o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, que estivo acompañado por distintos membros da directiva da Federación e por compoñentes do padroado da Fundación Expourense como o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e o director xerente de Expourense, Alejandro Rubín. Representando ao goberno galego estivo Mario Guede, xefe do servizo de Deportes da Xunta, ademais de concelleiro de Deportes en Ourense.

Segundo indicaron dende a Federación Galega de Atletismo, “trátase dunha das probas máis emocionantes do calendario autonómico. Representa o primeiro test importante para os equipos de cara a perfilar as súas distintas ligas e ademais será unha boa ocasión, para ver en acción as novas incorporacións de cara a esta nova tempada”.

Na categoría feminina tomarán parte de maneira directa os catro primeiros equipos clasificados no Campionato de Clubs de Aire Libre do ano pasado na que as ferroláns do RIA foron as gañadoras. Xunto elas competirán polo título, o Atletismo Feminino Celta, o ADAS-Proinor e a Sociedade Ximnástica de Pontevedra, estando acompañados por outras catro entidades que por estadillo completarán o total de oito conxuntos (Lucus Caixa Rural, Club Atletismo Santiago, Escola Atlética Lucense e Riazor Coruña). 

Na categoría masculina, e xunto ó gañador do ano pasado (a Sociedade Ximnástica de Pontevedra) estarán clasificados de maneira directa o Real Club Atletismo Celta, C.A. Narón e C.A.Santiago, ás que se suma para esta proba a incorporación por estadillo do Lucus Caixa Rural, Riazor Coruña, ADAS-Prionor e Marineda Atlético.





Imágenes asociadas




Septiembre 2018
L M X J V S D
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930


imagen