10-11-2017 O 5º Foro da Comunicación de Galicia analiza a transformación que as redes sociais provocaron na comunicación e no marketing

  • >> 150 asistentes participaron neste evento que contou coa participación como relatores directivos de marketing e comunicación de empresas como Google, Blackberry, Hijos de Rivera, Cafés Candelas, La Tienda de Valentina ou Carrick Bracelets >> A ponencia inaugural correu a cargo do presidente da asociación mundial de directivos de comunicación, José Manuel Velasco, quen manifestou que “A credibilidade na comunicación atravesa o peor momento de todos os tempos. A mellor estratexia é contar a verdade. O comunicador debe ter un forte compromiso ético”

Ourense, 10/11/2017.- O Foro da Comunicación de Galicia celebrou hoxe a a súa quinta edición consolidado como un punto de encontro de referencia para os profesionais galegos vencellados á comunicación, marketing, deseño, publicidade e edición, xa que lles ofreceu a oportunidade de compartir experiencias con grandes expertos do sector e con directivos de importantes empresas que marcan tendencia á hora de comunicar. 

Foron moitos os temas tratados na xornada de hoxe nos que se afondou sobre a relación entre comunicación e innovación, as novas tendencias en redes sociais ou cómo as empresas afrontan importantes cambios no modelo de negocio dende a perspectiva do marketing e a comunicación. Tamén houbo unha mesa sobre e-business na que participaron destacadas empresas que xa naceron na era dixital. O fío conductor de todas estas mesas foi cómo facer chegar á información a un consumidor que xa está “infoxicado” de toda a información que recibe a través das redes sociais.

Para organizar o programa deste 5º Foro, Expourense conta coa colaboración activa do Clúster da Comunicación Gráfica de Galicia e co patrocinio da Deputación Provincial de Ourense, ademais da colaboración da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e do Grupo La Región.

A conferencia inaugural correu a cargo de José Manuel Velasco, presidente da Global Alliance for Public Relations and Communication Management, a federación que integra ás asociacións de comunicadores de todo o mundo. Velasco impartiu unha clase maxistral que practicamente foi recollida frase a frase por twitter polos asistente a esta xornada a través do hastag #ComGalicia17. Velasco sentenciou a actualidade dos medios de comunicación indicando que “a credibilidade na comunicación atravesa o peor momento de todos os tempos. A mellor estratexia é contar a verdade. O comunicador debe ter un forte compromiso ético”. Tamén indicou que a vella máxima de que os medios deben “informar, formar e entreter tería que pero quedámonos no entreter é esquecemos o formar”. Explicou que os medios deben de xerar confianza na sociedade pero que non é so reponsabilidade deles xa que, asegurou que, “ unha de cada dúas persoas aceptan recibir 

información esaxerada se pertence a un medio que é dos seus e que pensa coma él. Evítanse os puntos de vista críticos co que un pensa”. Sobre a relación dos medios tradicionais coas redes sociais comentou que “hai medios que reciben o 50% de tráfico da súa información a través de redes como Facebook polo que cada vez custa máis distinguir a verdade”.

A seguinte mesa redonda analizou a relación entre a comunicación e a innovación co obxectivo de “informar máis e mellor”. Nela participaron a directora xeral da Axencia Galega de Innovación-GAIN da Xunta de Galicia, Patricia Argerey; a xornalista e responsable de comunicación do CSIC Galicia, Ana Bellón e o xornalista de La Voz de Galicia, Raúl Romar. A directora xerla indicou que “ a innovación vese como algo positivo que a sociedade vencella á ciencia e a creatividade pero estamos traballando para que tamén se relacione co crecemento económico e coa transformación social”. Pola súa parte, Ana Bellón analizou as relacións entre o científico e o xornalista e comentou que “hai demanda social de comunicación científica e é un nicho de mercado que hai que explotar. O coñecemento é un ben social pero como sempre se di ao carro da cultura fallálle a roda da ciencia”. O xornalista Raúl Romar indicou que para que o público entenda a información científica é necesario “ personalizar, contextualizar e humanizala relacionándoa coa contorna do lector”. 

Este 5º Foro incluíu tamén unha mesa redonda sobre e-business na que tres empresas que xa naceron na era dixital explicaron as claves do seu éxito. A primeira destas empresas en intervir foi  “La  Tienda de Valentina”, unha tenda de moda feminina online con sede en Elche que, con dous anos de vida e unha inversión inicial de 200 euros supera os 5 millóns de euros en facturación e tense convertido caso de estudo nas escolas de negocios. Os seus responsables Sergio Valero e Beatriz Sánchez, explicaron a súa experiencia explicando que non é necesario un gran capital para triunfar, “hai que aprender a base de ensaio + erro+ análise de datos para coñecer ben o perfil do cliente”. Pola súa parte, Brais Comesaña, CEO de Carrick Bracelets, indicou a importancia de que “partindo de que o noso produto é bo pero tan bo como o poden ser otros, hai ofrecer sempre un extra que o cliente valore”. Esta mesa rematou coa internvención do responsable de Desenvolvemento do Negocio en España e Portugal de Google, Adolfo Fernández, que o “a tecnoloxía nunca foi tan importante para a comunicación como agora. Oconsumidor non ten medo ó cambio, ten medo á incertidume. Dende empresas como a miña ofrecemos a tecnoloxía necesaria ás empresas para que coñezan ao seu consumidor”. 

A sesión de mañá rematou cun obradoiro teórico-práctico sobre as novas tendencias en redes sociais que estivo impartido por Óscar Sánchez influencer e Community Manager de distintas entidades (entre elas a Deputación de Ourense, líder en España en posicionamento en redes) e por Laura Vázquez, Directora de Servicios ó Cliente en Roi Scroll e especializada en comunicación online orientada á xeración de influencia social e engagement. Óscar Sánchez descubriu as estratexias que emprega para levar as contas de twitter dos seus clientes destacando o caso da Deputación de Ourense, a mellor posicionada neste rede de todas as de España. Pola súa parte, Laura Vázquez abordou o cambio nas estratexias de marketing das marcas indicando que “as redes sociais non son gratuítas, o cliente délles moita máis información da que pensa e as marcas despois coñéceno e ségueno. Hoxe non buscamos produtos e servizos nas redes, son os produtos os que nos buscan a nós como clientes”. 

A tarde comezou coa mesa redonda sobre modelos de cambio en Marketing e Comunicación na que participaron empresas que contaron a súa experiencia sobre cómo afrontar un cambio de modelo de negocio. Contou coa participación da directora de marketing en Europa de Blackberry, Cecilia Díaz; do Chief Marketing Officer de Hijos de Rivera, Pepe Cabanas, e do CMO de Cafés Candelas, Pedro Canales. Nesta mesa analizouse a traxectoria do director de marketing nas empresas que vai dende o principio básico de “marketing non é vender, é que che volvana comprar os que xa o fixeron” ata o papel que xoga esta figura na actualidade no que “non se venden pordutos, créanse momentos” sendo ademais unha das máis preparadas para converterse en CEO dunha empresa xa que se trata do profesional que mellor coñece o produto e o mercado.

O resto do programa de tarde está reservado para a intervención de tres grandes profesionais que son referencias para o sector e que pola noite serán homenaxeados na gala de entrega dos II Premios Paraugas da Comunicación e do Marketing de Galicia. O deseñador gráfico Pepe Barro será o primeiro en intervir nunha ponencia que estará presentada polo presidente da Asociación Galega de Deseñadores (DAG), Óscar Otero. Pepe Barro (Pontedeume, 1955) conta con 40 anos de actividade profesional e o conxunto do seu traballo pode entenderse “como unha lectura da Galicia que quere renovar os seus sinais de identidade, incorporando a linguaxe do deseño internacional”, tal e como indican dende a DAG.
O seguinte en intervir será o publicista e fundador das axencias Tándem e Contrapunto, José Luis Zamorano, referencia imprescindible no sector da publicidade en España. Participará arroupado por Julián Abad, director creativo de Lamarck Publicidad e Jaime Conde, presidente de Creatividade Galega. Recibiu importantes premios en Cannes e San Sebastián e foi o impulsor da cultura gráfica de marcas como La Casera ou Loewe.

O peche a este 5º Foro da Comunicación correrá a cargo de Juan Vázquez, director xeral de Adegas Martín Códax e recoñecido como a “Personalidade do mundo do viño” en España en 2017. Estará acompañado polo secretario xeral da Asociación Galega de Marketing (MARKEA), Jorge Pallarés.

Rematado o programa de conferencias do 5º Foro da Comunicación, darase paso á gala de entrega dos II Premios Paraugas da Comunicación e do Marketing de Galicia e que está organizado polo Cluster da Comunicación Gráfica de Galicia contando co patrocinio de Noroeste AVANTE Marketing & Medios. Estes premios son “do sector para o sector” e teñen o obxectivo de aumentar a competitividade e a capacidade innovadora en empresas e institucións poñendo en valor a calidade e o excelente traballo realizado na nosa comunidade nos eidos da publicidade, deseño, edición, impresión, marketing e comunicación.




Imágenes asociadas




Noviembre 2017
L M X J V S D
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930


imagen