05-12-2016 Megaxove abre as portas da súa 17ª edición

  • >> O Salón da Xuventude celébrase en Expourense ata o vindeiro xoves 8 de decembro e convoca unha nova “Operación Quilo” para a recollida solidaria de alimentos >> Roller, BMX, ocio dixital, malabares, campeonatos e obradoiros de prevención ao acoso escolar son algunhas das novidades
Ourense, 05/12/2016.- Expourense acolle dende hoxe ata o vindeiro xoves 8 de decembro a 17ª edición de Megaxove, que ofrecerá máis de 150 actividades de lecer e deportivas que converterán ó recinto no punto de encontro da mocidade galega. Nunha superficie de 8.000 metros cadrados danse cita 26 expositores entre federacións e clubes deportivos, asociacións culturais e xuvenís de toda Galicia. Esta cita convértese así na mellor opción nestes días de festividade e nun evento dirixido a toda a familia onde gozar pero tamén aprender a ser solidarios. 

Megaxove foi inaugurado esta mañá nun acto no que participaron a Delegada Territorial da Xunta de Galicia, Marisol Díaz Mouteira, o Vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández, e a Concelleira de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Ourense, Sofía Godoy, que estiveron acompañados por membros do Padroado de Expourense e do Comité Asesor de Megaxove. Durante a súa presenza no salón puideron comprobar a satisfacción dos primeiros participantes que foron organizados polos seus colexios nunha xornada lectiva.

Expositores e entidades colaboradoras coa feira elaboraron un completo programa de campionatos, exhibicións, torneos e obradoiros cuxo obxectivo non é só a diversión, senón o fomento de valores como o compañeirismo, a solidariedade, o traballo en equipo, a tolerancia, a igualdade, o respecto ó Medio Ambiente e o fomento do voluntariado. 

O Salón da Xuventude ofrece a posibilidade de practicar actividades xa coñecidas polos visitantes, pero serve tamén de plataforma de promoción e descubrimento doutras actividades vencelladas ó tempo libre, á cultura ou ó deporte. Nesta cita ten cabida todo aquelo que anime á participación activa e á adopción de hábitos saudables. Cada rapaz e rapaza poderá escoller libremente en qué quere investir o seu tempo de lecer: dende xogos populares e tradicionais ata a zona de videoxogos (“III Torneo FIFA” ou “Just dance”), ou dende deportes populares como o fútbol sala,  o karate, o o kickboxing ou o xadrez ata outros menos coñecidos como a halterofilia, a esgrima ou a loita grecorromana.

Novidades 
Entre as novidades do programa de actividades de Megaxove 2016 destacan as organizadas pola Concellería de Xuventude de Ourense entre as que se atopan algunhas coma o Megascalextric, que contará co seu propio torneo interxeneracional, así coma os obradoiros circenses coma malabares ou monociclo.  Ademais organizará unha nova edición do campionato FIFA e pon a disposición dos visitantes simuladores de condución.

A maioría destas novidades están orientadas en atraer ao salón a público adolescente, a partir de 10 ou 12 anos, como é o caso das enmarcadas na área denominada “Pulpo Extreme” que ofrece obradoiros de Skate, Roller e BMX, prácticas moi extendidas na actualidade. Tamén existen alternativas coma a masterclass co DJ De Melo.

No ámbito deportivo cabe destacar a exhibición de Haidong Gumdo (espada coreana), que terá lugar o mércores e que estará impartido polo Maestro Lee, introdutor e fundador en España desta novidosa arte marcial coreana, e responsable da súa difusión no noso país. 

Torneos
O deporte será coma sempre un dos grandes protagonistas de Megaxove, que continuará promocionando disciplinas como poden ser o karate, o wu-shu, a loita libre e grecorromana, o kickboxing, ou a esgrima. Expourense é o lugar elixido por numerosas asociacións e federacións para dar a coñecer estes deportes, programando exhibicións e torneos que xa contan cunha longa traxectoria como, por exemplo o X Torneo de Halterofilia, que convoca a deportistas de toda Galicia e Castela e León. 
Tamén se desputarán torneos de judo, fútbol, babybasket e xadrez, entre outros. Celebrarase unha nova edición da Copa Megaxove de Wu-shu nas categorías infantil e de adultos. Ademais das probas, tamén se fomentará a participación activa do público a través de xogos, adestramentos ou clases de iniciación que se poderán practicar no salón con monitores profesionais.
Neste apartado, os xogadores do Clube Ourense Baloncesto e do Clube Deportivo Ourense achegaranse ata Megaxove para asinar autógrafos e sacar fotos cos seus xiarieiros e o público presente. 

Entre as asociacións participantes destaca a Fundación Cipri Gomes, que colabora por sexto ano consecutivo en Megaxove convocando a unha multitude de nenos e adultos das 20 escolas deportivas coas que conta nas catro provincias galegas e tamén de Portugal. Esta Fundación organizará no salón actividades vencelladas co Kickboxing e o karate pero tamén será o impartirán clases de pintura, obradoiros de dj’s, informática, globoflexia, patinaxe ou minichef. 

Participación aberta a todos
Ademais das actividades xa mencionadas, Megaxove ofrece moitas opcións de entretemento e diversión para aqueles mozos ou nenos que, acompañados polas súas familias, se acheguen ata Expourense durante estes días. Aquí poderán atoparse dende inchables, carruseis, ludochán e bebechán, ou xogos populares, ademais de obradoiros de multitude de traballos manuais organizados por entidades como Amencer. Estes xogos tradicionais convivirán coa Ciber Aula e coa Zona de videoxogos.

Hoxe, 5 de decembro, é o Día Internacional dos Voluntarios e dende o salón son moitas as asociacións e organizacións coma o Banco de Alimentos de Ourense, Médicos del Mundo, Cruz Vermella ou os Centros Xuvenís Don Bosco, entre as xa mencionadas as que aproveitan para dar a coñecer as actividades que desenvolven ao longo do ano en prol do voluntariado e da xuventude. Trátase dun día para celebrar o voluntariado en tódalas súas facetas, así como tamén para render un especial homenaxe a todos os voluntarios que traballan en favor de mellorar a nosa sociedade.

Como é habitual nas citas de Expourense, os visitantes que decidan achegarse ata Ourense en tren poderán obter un 35% de desconto en RENFE (inclúe AVANT) que se pode consultar en www.expourense.org.
 
Megaxove, de entrada gratuíta, permanecerá aberto en Expourense dende hoxe ata o xoves 8. O horario será de 10.30 a 13.30 e de 16.00 a 20.00 h. os días lectivos (5 e 7) e de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h. os días festivos (6 e 8). O programa actualizado pódese consultar na web www.expourense.org.




Documentos relacionados

Imágenes asociadas




Agosto 2017
L M X J V S D
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031


imagen