02-12-2016 Rosario Pérez Ferro, gañadora do sorteo do desconto de 6.000 euros do 8º Salón do Automóbil

  • >> Esta mañá fíxoselle entrega do cheque e do vehículo mercado, un Audi A1 >> Foille entregado polo reponsable de vendas xerente do concesionario que vendeu o vehículo premiado e por Expourense

Ourense, 02/12/2016.- Rosario Pérez Ferro recibiu esta mañá no concesionario de APERSA/COPERSA o cheque desconto de 6.000 euros que gañou ó mercar un vehículo e participar así no sorteo promovido pola Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense (A.C.A.U.T.O.) e Expourense durante o 8º Salón do Automóbil que se celebrou durante dúas fins de semana de novembro no recinto feiral.

Un dos principais atractivos destas citas era este desconto de 6.000 euros entre todos aqueles que mercaran o seu coche, tanto no salón do automóbil novo como no de ocasión. Entre os máis de 360 vehículos vendidos, A.C.A.U.T.O. realizou o pasado  martes 3 de novembro o sorteo ante Notario que deu como gañadora a Rosario Pérez Ferro, quen mercou en Expourense un Audi A1 de Ocasión no concesionario de APERSA/COPERSA.

Esta mañá fíxoselle entrega tanto do cheque desconto como do propio vehículo cuxa contía económica é achegada entre A.C.A.U.T.O. e Expourense. O cheque foille entregado polo responsable de venda de Automóbiles de Ocasión do concesionario de Pérez Rumbao, Esteban Mato, polo director xerente de Expourense, Alejandro Rubín, polo director de Ourense Centro de ABANCA, Carlos Díez, e polo secretario de A.C.AU.T.O., Francisco Muñoz. A afortunada acudiu a Expourense cunha “idea clara do coche que buscaba. Quería un Audi 1. Fun o último día e alí estaba. Era o único que quedaba por vender e quedeimo sen pensalo”. Este vehículo foi vendido por 13.000 euros aos que agora hai que descontarlle os 6.000 euros do bono sorteo.




Imágenes asociadas




Diciembre 2017
L M X J V S D
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031


imagen