29-10-2016 Celebra 2016 facilita la organización de eventos originales y de calidad

  • >> Habrá pasarela de moda nupcial y fiesta hoy sábado y mañana domingo alas 18 horas. >> El estilo vintage y romántico destaca entre los más de 60 expositores del salón

Ourense, 29/10/2016.- Celebra, el Salón de Bodas, Bautizos, Comuñiones y Actos Sociales abrió esta mañana sus puertas. En su 17ª edición los expositores presentan una amplia oferta de productos y servicios con los que dar respuesta a la compleja planificación de todo tipo de actos sociales. Esta cita se convierte así en el mejor escaparate para las empresas ourensanas, ya que el 80% de los expositores son de la provincia.

A feira foi inaugurada esta mañá polo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, quen destacou a calidade e a innovación das empresas expositoras. Estivo acompañado polo vicepresidente da Deputación Provincial, Rosendo Fernández; a delegada territorial en funcións, Silvia Dorado; a concelleira de Comercio, Belén Iglesias; o presidente do Comité Executivo de Expourense e da Cámara de Comercio de Ourense, Juan Carlos Parada, así como de outros membros do Comité Executivo da Cámara, o presidente da Federación Provincial de Hostelería, Ovidio Fernández e da dirección de Expourense.

“Innovación, personalización e prezos competitivos”. Esta é a idea principal coa que, nestas primeiras horas, as parellas e familias acoden ao salón para organizar o seu evento pero, sobre todo, acoden na búsqueda de ideas para ser orixinais e diferenciarse. Os expositores ofrecen ademais descontos especiais para as reservas realizadas durante CELEBRA.

Unha ducia de sectores están presentes coa fin de axudar ás familias e parellas en cada un dos elementos que rodean a un evento: as cores, o decorado, os agasallos para os invitados, as flores, a música, o restaurante, incluso a animación. Este ano a tendencia nos casamentos é un estilo vintage e romántico.
Destaca a presenza de varias empresas especializadas na organización integral de eventos, e novidades como a coctelería acrobática e temática. Tamén teñen o seu espazo en feira a moda nupcial e de festa, axencias de viaxes, aluguer de vehículos, repostería creativa, imprenta, servizos audiovisuais, florerías, xoiarías, fogar ou estilismo. 

Actividades

A pasarela de moda de noivo, noiva e festa que terá lugar hoxe, e que volverá a ter lugar mañá domingo ás 18.00 horas, participarán as seguintes empresas: Alvarino (traxes de noivo e cerimonia); Charo López (moda festa); Chévere (animación); Drácena (arranxos florais); En dos detalles (decoración); Loyma (xoiaría); Magic Stories (organización de eventos); Nicandra (moda noivas); Noar Novias (vestidos de noiva e festa); Paris Diffusion (perruquería e estética) e Passion Novias (moda noiva e comuñón). Esta actividade estará coordinada pola Axencia Luena. Todas estas firmas aseguran a organización dun evento 100% ourensán, xa que ademáis todas elas contan con coleccións de fabricación e deseño propio.

A apertura da Pasarela recreará unha voda medieval, con creación de Conchita Amorín, para chamar a atención dos asistentes.

Celebra é ademáis un espazo para visitar en familia, xa que conta cun área de actividades adicada aos máis pequenos.

A 17ª edición de Celebra estará aberta en Expourense ata mañá 30 de outubro en horario de 11.00 a 14.30 e de 16.00 a 20.30 horas. Toda a información do evento pódese consultar en www.expourense.org e na súa páxina de Facebook www.facebook.com/CelebraExpourense.




Imágenes asociadas




Junio 2017
L M X J V S D
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930


imagen