04-04-2016 Expourense participa en la entrega de los V Premios INCUVI-Emprende que concede la Universidad de Vigo

  • >> Seis proyectos innovadores se instalarán en Vigo, cuatro en Ourense y dos en Pontevedra

Os premios Incuvi cumpren un lustro buscando as mellores iniciativas emprendedoras universitarias para convertelas en realidades empresariais. Nestas cinco edicións presentáronse 150 propostas e 47 delas convertéronse en startups de alto valor innovador nos tres campus. O pasado xoves déronse a coñecer as 12 propostas gañadoras da edición 2016 dos premios Incuvi-Emprende e as dúas iniciativas seleccionadas na primeira edicións Incuvi-Avanza, unha convocatoria de consolidación para propostas vencedoras en edicións anteriores. No acto de entrega dos premios participou o director xerente de Expourense, Alejandro Rubín, xa que a Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense, participa dende hai varias edicións neste programa que premia a calidade e o emprendemento.

No acto de entrega de premios o reitor, Salustiano Mato, debuxou unha Universidade de Vigo que “cada vez amosa máis músculo e máis dinamismo”, que é quen de converter en realidade “cousas que poden parecer soños pero que cada día constatamos que son realidade”. Esa é a finalidade de Incuvi, consolidarse como unha “fábrica de emprendedores, un vehículo para facer realidade ideas e crear cultura de emprendemento”. Para iso, na edición 2016 seleccionáronse 18 finalistas, dos que foron elixidos seis proxectos gañadores do campus de Vigo, catro de Ourense e dous de Pontevedra. Todos eles teñen por diante un ano de traballo para converter en realidade a súa idea de negocio e farano dende os espazos de pre-incubación das sedes Incuvi de Ourense, na Tecnópole; de Pontevedra en AJE; e de Vigo en Cidade Universitaria. Mato constatou que as propostas do estudantado son “cada vez máis atrevidas, creativas, imaxinativas e revolucionarias, deixando claro onde nace o talento”. Agradeceu tamén a todas as empresas e institucións que patrocinan e fan posible Incuvi e certificou a consolidación do proxecto no sur de Galicia e a intención da Universidade de Vigo de que “este estilo se propague”.

Da educación social ao agro... catro novos inquilinos para os niños da Tecnópole

Rita Carreira recolleu o premio á cooperativa de iniciativa social Brigantia, un espazo onde crear e desenvolver programas e actividades que promovan a igualdade e o respecto polo medio ambiente, avivar un ocio e tempo libre saudable fóra do consumismo, e onde promover e fomentar a lingua e a cultura galega. “Somos catro graduadas en Educación Social e todas queriamos levar a cabo os nosos coñecementos nun proxecto empresarial propio, unha docente falounos desta iniciativa e aquí estamos”, subliñou Carreira co diploma aínda nas mans. Tamén en Ourense se situará unha empresa de compra-venta de produtos galegos “aínda sen bautizar”, subliñou Sergio Martínez, que explicou que levan xa varios meses traballando nun proxecto comercial enfocada a distribución e comercialización de produtos agrarios de calidade. “Empezamos a traballar coa cooperativa de pementos de Arnoia e vimos que había un baleiro de mercado no que a promoción deste tipo de produtos se refire”, explica o novo emprendendor, que admite que “os mesmos agricultores nos animaron a tirar para adiante con esta iniciativa”.
Son dous dos exemplos que, dende xa, se incorporan a uns niños empresariais dos que tamén van formar parte Barbook, unha aplicación social enfocada ao sector servizos, e Enviroverde, dirixida á creación de alternativas reais ao uso masivo de fertilizantes inorgánicos.




Imágenes asociadas




Junio 2017
L M X J V S D
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930


imagen