30-03-2016 Expourense protagoniza o Día de Galicia na 49ª Feira AGRO de Braga

  • O recinto feiral ourensán conta cun stand no que promociona as súas citas nas que a cooperación transfronteiriza xoga un papel fundamental Houbo ademais unha visita institucional coa presenza da delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira e de medios de comunicación

Braga - Portugal, 31/03/2016.- A 49ª edición de AGRO, a Feria Internacional de Agricultura, Gando e Alimentación, que se celebra ata o vindeiro domingo na localidade portuguesa de Braga, celebrou hoxe, xornada inaugural, o Día Adicado a Galicia que contou cunha visita institucional integrada pola delegada territorial da Xunta de Galicia, Marisol Díaz Mouteira, polo director xerente de Expourense, Alejandro Rubín Carballo, e por medios de comunicación ourensáns. Trátase da edición número 49 desta feira, case cinco décadas décadas nas que esta cita desenvolve un relevante papel de promoción e divulgación dos produtos e que serve de punto de encontro das empresas agroalimentarias de todo Portugal recibindo máis de 100.000 visitas en catro días.

En virtude dos convenios de cooperación transfronteiriza que Expourense mantén con distintas entidades do Norte de Portugal entre as que se atopa o Parque de Exposiçoes de Braga onde se está a celebrar AGRO, o recinto feiral ourensán conta cun stand dende o que está a promocionar as súas vindeiras citas vencelladas ó sector primario e ó turismo e nas que o mercado portugués xoga un importante papel. Ambas as dúas entidades colaboran para garantir a promoción dos seus recursos nos eventos organizados pola outra e que están vencellados co termalismo, a gastronomía, co envellecemento poboacional ou coa industria funeraria, potencialidades que comparten as dúas áreas da Eurorrexión. 

Entre as personalidades portuguesas que se achegaron ata o stand de Expourense destacou a presenza do ministro de Agricultura, Luis Capoulas Santos, que foi recibido pola delegada territorial e o director xerente do recinto feiral ourensán.
Durante a visita da comitiva inaugural ó stand de Expourense, ofreceuse unha degustación de produtos galegos de empresas colaboradoras da como é o caso das Denominacións de Orixe Ribeiro, Valdeorras, Monterrei e de Coren e o Grupo Cuevas.

As citas que Expourense está a promocionar en AGRO estes días son:

- Galisenior, X Salón Internacional das Persoas Maiores - 25 e 26 de maio.

- TERMATALIA MÉXICO, 16ª Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar – 29 de setembro a 1 de outubro de 2016.

- FUNERGAL, Feira Internacional de Produtos e Servizos Funerarios – 11 e 12 de novembro de 2016.

- XANTAR, 18º Salón Internacional de Turismo Gastronómico – 1 a 5 de febreiro de 2017.

Con esta participación en AGRO, Expourense reforza as súas relacións de cooperación transfronteriza especialmente enfocada ao ámbito agroalimentario e ó turismo de proximidade co obxectivo de fomentar a competitividade das empresas galegas e, dun xeito especial, dos pequenos produtores ou cooperativistas.





Imágenes asociadas




Agosto 2017
L M X J V S D
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031


imagen