Situado nun punto medio da zona sur de Galicia, EXPOURENSE benefíciase de infraestruturas viarias que facilitan o desprazamento dende as comunidades limítrofes e, por suposto, dende calquera punto da comunidade galega. Goza dunha perfecta sinalización exterior, periférica e interior, doada comunicación por autovía (A-52), estrada (N-525 Vigo-Ourense-Madrid), mar (porto de Vigo) e aire (aeroportos de Santiago, Vigo e Porto), aparcadoiros nas proximidades e comodidade de acceso a unha grande amplitude de medios de transporte: taxis, autobuses, etc.

A 45 minutos do aeroporto de Peinador en Vigo, a 60 minutos do aeroporto de Lavacolla en Santiago de Compostela e a 2 horas do aeroporto de Porto en Portugal.

* Expourense ten convenios de desconto con RENFE para os visitantes das nosas feiras.


Ver Recinto ferial Expourense nun mapa máis grande




Outubre 2017
L M X J V S D
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031


imagen