A reforma dos Estatutos da Fundación durante o 2011 permitiulle a Expourense prestar apoio a empresas, asociacións e organismos intermedios en materia de internacionalización, e o asesoramento e consultoría sobre oportunidades comerciais en mercados estranxeiros, empregando o tecido de axentes externos e relacións exteriores que a Fundación xa viña desenvolvendo en diferentes países do Mundo, a través de delegados, organismos de carácter internacional ou socios cos que se manteñen diferentes convenios, creando unha rede de colaboración internacional para fomentar diversos sectores produtivos de Galicia.





- A Cámara Costarricense de Restaurantes- CACORE, novo socio estratéxico internacional de Expourense

 Fundación Expourense suma un socio estratéxico que amplía a súa rede iberoamericana de colaboradores cos que mantén distintos acordos de cooperación e promoción mutua. O pasado 26 de novembro, en San José de Costa Rica, se formalizaba e daba carácter oficial a unha relación existente desde fai máis dun ano e que deu xa moi bos resultados.Estamos falando nesta ocasión do convenio de colaboración asinado entre Expourense e a Cámara Costarricense de Restaurantes e Afines- CACORE, que participou xa de forma activa e protagonista nas dúas feiras de turismo internacionais organizadas por Expourense ente 2015. Costa Rica participou como país invitado en Xantar 2015, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, e CACORE foi a entidade responsable de gestionar o restaurante do país e dos distintos shoowcookings. Doutra banda, CACORE participou tamén de forma protagonista durante a última edición de Termatalia, celebrada o pasado mes de setembro. CACORE foi unha das entidades encargadas do Aula de Alimentación saudable, desprazando ata Galicia a algúns dos seus mellores chefs.O convenio de colaboración entre CACORE e Expourense estivo asinado polo presidente da Xunta Directiva da primeira, Jorge Figueroa, e polo director gerente da segunda, Alejandro Rubín. Este convenio contempla, entre outros aspectos, o apoio e a participación mutua nos eventos internacionais organizados, aproveitando así sinergias aproveitando as sinerxias que poidan xurdir entre ambas as dúas entidades. 


- Convenio de colaboración coa Confederación Empresarial e a Comunidad Intermunicipal do Alto Minho

Expourense ampliou o día 29 de maio a súa rede de cooperación transfronteiriza co Norte de Portugal asinando un convenio de colaboración a tres bandas coa Confederación Empresarial do Alto Minho (CEVAL) e a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho (CIM). Súmanse así á lista de entidades e institucións do Norte de Portugal cos que o recinto feiral mantén distintos acordos para a promoción de proxectos vencellados con distintos sectores, pero sobre todo en materia de turismo, gastronomía e termalismo. A sinatura deste convenio tivo lugar no marco do acto inaugural da primeira edición da " Mostra 100% Alto Minho” que se celebra ata mañá no Centro Cultural do Alto Minho en Viana do Castelo. Participaron nesta sinatura os presidentes das tres entidades implicadas: o do comité executivo de Expourense e da Cámara de Comercio de Ourense, Juan Carlos Parada; o da CEVAL, José Luis da Rocha, e o da CIM Alto Minho, José María Costa. 


- Misión comercial inversa por VINIS TERRAE

Conscientes da grande oportunidade que presentaba VINIS TERRAE para as adegas galegas, a Cámara de Comercio de Ourense organizou unha misión comercial inversa que trouxo ata a feira de Expourense a unha vintena de importadores de 10 países, todos eles procedentes de mercados que espertaron o seu interese polos viños galegos. Os países elixidos foron: Bélxica, Reino Unido, Dinamarca, Suecia, Irlanda, Polonia, Estados Unidos, México, Canadá e Holanda. A participación en feira complementouse con visitas a adegas das denominacións de orixe Ribeiro e Monterrei.


- Expourense promociona as súas feiras en FIT-Guarda, en Portugal

Expourense promoveu tres das súas próximas citas na Feira Ibérica de Turismo, FIT, celebrada durante esta ponte festiva na localidade portuguesa de Garda e que foi inaugurada o pasado xoves 30 de abril polo primeiro ministro do país, Pedro Manuel Passos Coelho. A presenza do posto de Expourense, o único expositor procedente de Galicia nesta cita, non pasou desapercibida para o primeiro ministro que se detivo a conversar coas representantes de Expourense e fixo referencia á excelente cooperación transfronteiriza en materia de turismo existente entre Portugal e Galicia. Passos Coelho visitou o posto acompañado polo alcalde de Guarda, Álvaro Dos Santos Amaro.


- Expourense protagonizou o Día de Galicia na 48ª Feria AGRO de Braga

A 48ª edición de AGRO, a Feira Internacional de Agricultura, Gando e Alimentación, que se celebrou do 26 ao 29 de Marzo na localidade portuguesa de Braga, celebrou o Día dedicado a Galicia cunha visita institucional integrada por representantes de Expourense, entre os que destacaba o presidente do seu comité executivo e presidente dá Cámara de Comercio de Ourense, Juan Carlos Parada, a directora adxunta de Expourense, Emma González, o representante da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA) e o presidente de Hortoflor, Carlos Gómez Díez, medios de comunicación ourensáns e distintas autoridades locais lusas entre as que destacou o Secretario de Estado de Agricultura de Portugal, José Albiquerque, o presidente de INVEST Braga, Carlos Oliveira ou o director do Parque de Exposiçoes de Braga, Humberto Carlos. Trátase da edición número 48 desta feira, case cinco décadas nas que esta cita desenvolve un relevante papel de promoción e divulgación dos produtos e que serve de punto de encontro das empresas agroalimentarias de todo Portugal recibindo máis de 80.000 visitas en catro días.


- Expourense firma o convenio para celebrar Termatalia 2016 en México

A próxima edición de Termatalia en América Latina prevista para 2016 xa ten sede, será en México, en concreto, no Estado de Coahuila. Esta elección materializouse onte coa firma pública do convenio de colaboración entre o director da Feira Internacional de Turismo Termal, Alejandro Rubín, e o secretario de Turismo do Estado de Coahuila, Luis Alfonso Rodríguez Garza, aínda que este documento xa fora pre-asinado polo Gobernador Constitucional do Estado, Rubén Ignacio Moreira Valdez. O marco elixido para o lanzamento do proxecto Termatalia México foi o Tianguis Turístico que estes días se celebra en Acapulco e que reúne aos principais axentes do sector deste país.


- Convenio de colaboración entre o World Trade Center de Morelos (México) e Expourense

Expourense asinou un convenio de colaboración co World Trade Center de Morelos, situado no estado mexicano homónimo. As cláusulas deste convenio de cooperación iberoamericana inclúen, entre outros temas, a presenza dun recinto nos eventos organizados polo outro que resulten do seu interese, así como o acceso a información sobre os prescriptores e expositores que en participen nesas citas. Na firma deste convenio participaron os directores xerais de ambos os dous recintos, Alejandro Rubín eAlejandro Noriega, respectivamente. Este acordo formaliza a boa relación existente entre Expourense e distintos representantes do Estado de Morelos, que xa participou activamente durante a última edición de Termatalia, celebrada en A Arxentina en outubro de 2014.


- Premio Internacional para o documental “Latidos del Agua”

“Latidos del Agua”, o documental que el grupo mexicano de comunicación Televisa gravou en 2013 en Ourense, coincidindo coa celebración de Termatalia, gañou o segundo premio do International Tourism Film Festival celebrado en Porto no mes de outubro. O director do festival, Hugo Marcos,  fíxolle entrega do premio, un galo de Barcelos, ó director de Termatalia, Alejandro Rubín, quen foi o encargado de entregar o premio ó autor, Leonardo Ferrera, nun acto celebrado en Mexico D.F.


- Termatalia lidera acción formativa para o Goberno de Colombia

A traxectoria de Termatalia como marca do termalismo internacional converteu a este proxecto nunha referencia para a capacitación sobre termalismo ó que cada vez acoden máis entidades públicas e privadas que queren contar con expertos relacionados con esta materia. Exemplo disto foi Seminario “Colombia, Destino Internacional de Termalismo” celebrado en decembro na cidade termal de Paipa, rexión de Boyacá, en Colombia, e que contó coa presenza como formador de Antonio Freire, experto en xestión termal e membro activo do comité organizador de Termatalia. 


- Visita delegación termal de Colombia

Expourense recibiu a visita dunha delegación de formadores do Servizo Nacional de Aprendizaxe (SENA) de Colombia que estiveron en Ourense para participar nas xornadas formativas en termalismo que organizou o Concello da cidade e a Universidade de Vigo- Campus da Auga. Durante a súa estancia en Expourense, o director xerente realioulles unha presentación de Termatalia e fixo un percorrido sobre a progresiva implicación de Colombia nesta cita que agora conta con delegación propia no país e que xa mostrou interese por conventerse en sede de Termatalia en próximas edicións.


- Misión comercial inversa por Funergal

Con motivo da celebración de Funergal no mes de novembro, a Cámara de Comercio de Ourense organizou unha misión comercial inversa con empresarios do sector funerario de México e Colombia, mercados emerxentes de gran interese para os empresarios españois.


- Participación Congreso UFI-AFIDA

O director xerente de Expourense participou no mes de outubro no Congreso da Unión Internacional de Feiras (UFI) e da Asociación Internacional de Ferias de América (AFIDA) celebrada en Bogotá. Durante este evento o ata o momento presidente de AFIDA, Andrés Valderrama (Colombia), foi elixido presidente de UFI, e foi nomeado como presidente de AFIDA, Ricardo Baquerizo (Ecuador).


- Termatalia celébrase na Arxentina

Toda a información atópase en www.termatalia.com


- Misión a A Arxentina de empresarios do sector termal

Termatalia Arxentina contou coa participación dunha nutrida lista de empresas galegas do sector que participaron nas misións comerciais directas organizadas pola Cámara de Comercio e Industria de Ourense (Lisardo Dorribo, Iuvenor Lab, Gala Termal, Peloides Termales, Tesal Explotación, Termalismo, Saúde e Alimentación, Viajes Luamar, Proyectos y Sinergias Empresariales, Francisco J. Gil e Mario Crecente Consultoría) e a Agrupación Empresarial Innovadora Termas de Galicia – AEITEGAL (Costas Galicia, Balneario de Lugo, Grupo Caldaria y Peloides Termales, ademais de varias marcas de auga asociadas a esta entidade). 


- Festival Gastronómico Bife de Espadarte en Praia Vila de Áncora, en Portugal

Xantar participou como convidado especial representando á gastronomía galega no Festival Gastronómico do Bife de Espadarte, en Vila Praia de Áncora, en Portugal, celebrado no mes de agosto e organizado pola Entidade de Turismo Porto e Norte, estreito colaborador do salón promovido por Expourense. No marco deste evento desenvolveuse un faladoiro denominado "O Mar e a Gastronomía" no que participaron Antonio Aguarón, en representación da Axencia de Turismo de Galicia, Alejandro Rubín, director de Xantar, xunto ás autoridades portuguesas, Melchior Moreira, presidente de Turismo de Porto e Norte de Portugal e o presidente da Cámara Municipal de Caminha, Miguel Alves. Destacou a presenza dos xefes de cociña Hélio Loureiro e Álvaro Costa xunto á cociñeira galega Mónica Cernadas, profesora do I.E.S Vilamarín, que realizou unha demostración gastronómica potenciando sinerxías luso-galaicas e que foi harmonizada con viños da Denominación de Orixe Ribeiro facilitados pola Cooperativa Vitivinícola. Este obradoiro contou ademais coa participación do gastrónomo e director do programa "Cousas de Comer", Francisco Gil. 


- Expourense agradece á Municipalidade Distrital de Ate, en Perú, a súa colaboración nos proxectos internacionais organizados pola Fundación

Expourense agradeceu á Municipalidade Distrital de Ate de Perú a súa estreita colaboración nos proxectos internacionais de Xantar eTermatalia. O director xeral da Fundación, entregou senllas placas de agradecemento ao alcalde da Municipalidade, Óscar Benavides, e en especial ao xerente de Relacións Internacionais Ate, William Moreno, que exerce de interlocutor entre Expourense e a Municipalidade.A Municipalidade de Ate, coa colaboración da FEMULP, participou en varias edicións de Termatalia, tanto nas celebradas en Ourense(España) coma na edición de 2012 celebrada Nel callao-Lima. Situada na provincia de Lima, é unha estreita colaboradora deTermatalia, Feira Internacional de Turismo de Saúde e Benestar, e de Xantar, Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, que contou en 2012 coa participación de Perú como país invitado e estivo representado por esta municipalidade e a de Carabayllo.O distrito de Ate é moi rico en xestión empresarial, onde se desenvolveu innumerables centros dedicados ao Spa, Saunas e masoterapia en xeral. No relativo á gastronomía, o distrito de Ate é considerado entre os máis importantes do Perú e América, está ubicado no departamento de Lima e na marxe esquerda do ríoRímac, Ate é un dos distritos que concentra maior poboación, arredor duns 600.000 habitantes procedentes de distintas rexións, o que leva consigo a que conten cunha gastronomía variada e autóctona onde convive a tradición da serra ou a selva.


- Expourense amplía a súa rede de contactos internacionais a través da Orde do Camiño de Santiago

Expourense ampliou a súa rede de contactos internacionais a raíz da participación do seu director xerente, Alejandro Rubín, nos actos da Orde do Camiño de Santiago, entidade da que é ademais vicepresidente executivo. Esta Orde celebrou o pasado sábado 19 de xullo o seu XVIII Capítulo Xeral no que investiu novas damas e cabaleiros de países como Angola, Portugal ou México, entre outros.Neste Capítulo dedicado en especial ao Turismo foi investido Miguel Mirones, presidente de Membros Afiliados da Organización Mundial do Turismo (OMT), de Balnearios de España e do ICTE. Trátase dun estreito colaborador dos proxectos internacionais de Expourense e de Termatalia en especial. Co nomeamento das novas damas e cabaleiros, entre os que se encontraban personalidades como a ministra de Pesca de Angola ou o conselleiro de Educación e Cultura de Galicia, esta Orde suma xa 994 membros procedentes de 25 países. 


- O director xeral de Expourense, Alejandro Rubín, declarado Hóspede Ilustre e Visitante Distinguido da Municipalidade de Carabayllo, en Perú

O director xeral de Expourense, Alejandro Rubín Carballo, foi declarado Hóspede Ilustre e Visitante Distinguido da Municipalidade Distrital de Carabayllo, na provincia de Lima, en Perú. Esta distinción foille entregada na sede da Municipalidade por parte do rexedor Rafael Álvarez Espinoza que estivo acompañado por outros membros da corporación.Esta distinción vén a estreitar as relacións de colaboración existentes entre Expourense e Carabayllo que comezaron fai xa varios anos coa participación do seu alcalde en Termatalia, a Feira Internacional de Turismo de Saúde e Benestar e que se consolidaron en 2012 coa celebración desta feira, tamén organizada por Expourense, en Perú e na que Carabayllo contou cun posto para presentar a súa oferta termal e turística.A colaboración de Carabayllo con Expourense levou a esta Municipalidade (acompañada pola de Ate, situada tamén na provincia de Lima) a representar a Perú como país invitado en Xantar, Salón Internacionalde Gastronomía e Turismo, na edición de 2013 ofrecendo un menú degustación cos pratos máis emblemáticos da gastronomía peruana, unha das máis recoñecidas a nivel mundial.


- Reunión de traballo entre Expourense e a Cámara Municipal de Ponte de Lima (Portugal)

A Cooperación Transfronteiriza é un dos eixes de actuación prioritarios de Expourense, o que a leva a manter contacto frecuente e continuado con distintas entidades do Norte de Portugal. Este é o caso da reunión de traballo celebrada entre o director xerente da Fundación, Alejandro Rubín, e os máximos responsables da Cámara Municipal de Ponte de Lima, en Portugal. Nesta reunión establecéronse as bases para a posible organización dun evento internacional que poña en valor as materias primas da Eurorrexión e que contribúa a mellorar a exportación das empresas galegas e portuguesas.Estréitase así a relación entre ambas as dúas entidades que asinaron un convenio de promoción mutua entre Xantar, o Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, que organiza Expourense, e a campaña turística de "En época baixa, Ponte de Lima en Alta!" promovido pola Cámara Municipal.Na imaxe, de esquerda a dereita: Gaspar Martins, Vice-Presidente dá Câmara Municipal;Alejandro Rubín, Director xeral de Expourense e director de Xantar;Victor Mendes, Presidente dá Câmara Municipal e Paulo Sousa,Vereador dá Câmara Municipal.


- 1º Simposio de Turismo de Saúde e Benestar de Coahuila, México

Expourense, en colaboración coa Secretaria de Turismo de Coahuila e a OCV de Saltillo, organizou o 1º Simposio de Turismo de Saúde e Benestar de Coahuila, celebrado en Termas de San Joaquín o 3 de xuño de 2014. Tratouse dun evento que axudou a posicionar a este estado como destino termal, xa que conta co maior número de xacementos de augas termais en todo o norte do país. O director da Feira Internacional de Turismo Termal, Termatalia, Alejandro Rubín, a directora de Relacións Internacionais, Emma González, o senador e vicepresidente da Comisión de Sanidade no Parlamento Español, Francisco José Fernández Pérez, e a deputada autonómica e experta en termalismo, Carmen Pardo, foron os principais relatores deste encontro que tivo o obxectivo de impulsar e desa¡envolver o potencial turístico que pode xurdir do aproveitamento dos recursos termais e de talasoterapia nun país con máis de 11.000 kilómetros de litoral.


-


- Expourense intégrase na Asociación Internacional de Feiras de América, AFIDA

A Fundación Feiras e Exposicións de Ourense, Expourense, integrouse na Asociación Internacional de Feiras de América, AFIDA, un feito que supón un paso máis na súa estratexia de internacionalización dos seus proxectos e de participación activa en todo o relacionado co sector feiral a nivel mundial. A Asociación Internacional de Feiras de América, AFIDA, reúne as empresas máis representativas da industria de Feiras e Eventos de 19 países de América e España. Creada no ano 1969 e con sede en Bogotá (Colombia) promove, representa e ten como propósito profesionalizar a industria de feiras, eventos e exposicións de América Latina e España.


- Novas delegacións de Termatalia en Ecuador, Colombia, Perú e Turquía

Durante o 2014 Termatalia ampliou a súa rede de delegacións internacionais sumando a Ecuador a través da designación de Ana María Cruz. Outras xa existentes foron renovadas como foi o caso de Colombia, responsabilidade agora de Clemencia Gómez; de Perú, a fronte da cal está Verónica Napurí, e de Turquía xa que, tralo falecemento do anterior delegado, Olcay Okay, ocupa nestes momentos o posto de delegada a súa filla, Merve Okay. No 2014 Termatalia contaba con presenza en 19 países.


- Colaboración transfronteiriza entre a EHT-Douro e o CIFP Carlos Oroza de Pontevedra

Xantar é un punto de encontro profesional no que coinciden distintos axentes sociais vencellados á gastronomía, ó turismo e á hostalaría. No marco da edición de 2014 coincidiron en Expourense a Escola de Hotelería e Turismo do Douro e o CIFP Carlos Oroza de Pontevedra que, tan só unhas semanas despois, puxeron xa en marcha proxectos de intercambio e cooperación transfronteriza que comezaron cunha visita de aluimnos e profesores portugueses ao centro pontevedrés que celebraron un encontro no que estivo representado Xantar.


- Expourense e o Ministerio de Turismo da Arxentina asinan a celebración de Termatalia 2014 nese país

A finais do mes de novembro, o ministro de Turismo da Arxentina, Enrique Meyer, e o director xerente de Expourense, Alejandro Rubín,  asinaban en Termas de Río Hondo o convenio de colaboración interinstitucional que posibilitará a celebración de TERMATALIA 2014 na Arxentina. A este acordo sumouse tamén o gobernó da gobernador da provincia de Santiago del Estero e as patronais do sector turístico arxentinas: FEHGRA (Federación de Empresarios de Hotelería Gastronómica da República Arxentina) e a CAT (Cámara Arxentina de Turismo), que servirán de plataforma empresarial para a organización do evento. A cita será en Termas de Río Hondo, na provincia de Santiago del Estero, entre o 2 e o 4 de outubro.


- Participación na FAG de Vila Real

Xantar estivo presente na 16ª edición da FAG, a feira de artesanía e gastronomía máis importante da rexión que está organizada pola NERVIR (Asociación Empresarial de Vila Real) e que contou co apoio da Cámara Municipal de Vila Real, cidade coa que Ourense está irmandada dende hai anos. Expourense vén traballando dende hai xa tempo coa NERVIR en proxectos de cooperación transfronteiriza para facilitar un espazo de intercambios comerciais entre empresas e tamén no que respecta ao sector do turismo (xa que Portugal é o primeiro mercado emisor estranxeiro para Galicia). 


- Visita de prescriptores internacionais do sector feiral

Expourense recibiu a visita dun nutrido grupo de prescriptores internacionais do sector das feiras e dos eventos que percorreron as instalacións do recinto feiral co obxectivo de abrir novas oportunidades de negocio mediante a contratación con operadores externos. Foi unha iniciativa promovida por AGAFE -Asociación Galega de Feiras e Eventos- que co cofinanciamento do IGAPE convocou a prescriptores de co obxectivo de proxectar a imaxe de Galicia como destino de calidade no ámbito do turismo de negocios, feiras e congresos.


- Novos delegados de Termatalia para Portugal, Angola, Mozambique, Colombia e Costa Rica

Termatalia ampliou en 2013 a súa rede internacional de delegados coas incorporacións de Adriano Barreto (Portugal), José Coutinho (Angola e Mozambique), Jairo Iván Gómez (Colombia) e Laura Quesada (Costa Rica) Estes profesioanis do sector nos seus países de orixe súmanse á rede de colaboradores que o salón posúe en países con potencial termal e que apostan polo termalismo  a través de institucións e empresas interesadas no desenvolvemento do produto “Turismo de Saúde”. Estes países súmanse a A Arxentina, Estados Unidos, Perú, México e Centroamérica, Chile, Francia, Andorra, Italia, Turquía e Eurasia. 


- Conferencia sobre Oportunidades de Negocio en Mercados Emerxentes

Expourense acolleu a conferencia  -Oportunidades de negocio en mercados emerxentes, Peru-, que foi impartida por Andrés de Arriaga, Director Xerente do GAI Grupo Arrivelo Inversións. A ponencia foi presentada por Javier Pérez Bello, presidente da Federación de Autónomos de Galicia –FEAGA-, e Alejandro Rubín, Director Xerente de Expourense. A iniciativa xurdiu dende FEAGA en conxunto co Grupo Arrivelo e coa colaboración de Expourense, movidos por dar a coñecer as actividades empresariais e as posibilidades de negocio que actualmente ofrece o país andino


- Curso de capacitación termal en Lima

Froito da colaboración entre TERMATALIA e o Ministerio de Comercio Exterior e Turismo de Perú (MINCETUR), desenvolveuse na cidade de Lima un Curso de Capacitación Termal orientado a profundizar na xestión dos recursos termais e as oportunidades de negocio que xenera o Turismo de Saúde. Neste curso foron presentados os resultados de Termatalia Perú 2012, Auga e Natureza e as novas oportunidades de negocio que existen no sector a nivel mundial. O curso contou tamén coa participación da Dra. Ana Luisa Ladeiras, membro do Comité Asesor da feira. 


- Festival Nacional de Gastronomía de Santarém

Galicia participou un ano máis como "país convidado" no Festival Nacional de Gastronomía de Santarém, o máis importante de Portugal. A participación neste certame foi coordinada por Expourense en representación de XANTAR, Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, e contou co patrocinio da Axencia Galega de Turismo e coa colaboración do Concello de Ourense. As accións arrancaron cunha presentación de Galicia como destino gastronómico de calidade. A continuación, realizouse en directo un showcooking a base de produtos galegos que correu a cargo do prestixioso Chef Flavio Morgati. Entre os pratos que se degustaron encontrouse a carne galega da Federación de Razas Autóctonas (BOAGA) con cogomelos, o "polbo auriensis" polbo con aceite de ouro de Aceites Abril, o pan de Cea, que é o único pan de Europa con Indicación Xeográfica Protexida e torta de chocolate con castaña regada por viños do CRDO Ribeiro.


- Día de Galicia en AGRO

A 46ª edición de AGRO, a Feria Internacional de Agricultura, Gando e Alimentación, celebrada na localidade portuguesa de Braga celebrou hoxe o Día Adicado a Galicia que contou cunha visita institucional integrada por representantes de Expourense, que acudiron acompañados por representantes institucionais da Xunta de Galicia, da Cámara de Comercio, da Federación Ourensá de Hostalería e da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.


- Visita a Ourense da directora de PROMPERÚ

Despois da celebración de Termatalia Perú, Expourense xestionou a axenda da directora de Promoción Turística de PROMPERÚ, María del Carmen Reparaz, durante a súa visita a Galicia para coñecer in situ os recursos termais da nosa comunidade. Foi recibida polo alcalde de Ourense, Agustín Fernández, polo delegado da Xunta, Rogelio Martínez, polo vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández e mantivo unha reunión con representantes da Cámara de Comercio de Ourense e da CEO. De Reparaz visitó además varios centros termais como As Burgas, Outariz, Laias, Berán, o Talaso Atlántico ou Mondariz, entre outros.


- Foro de Inversores “Ourense, cidade termal”

No seu papel de asesoría técnica e axudas á internacionalización de distintas entidades, Expourense colaborou co Concello de Ourense na organización do Foro de Inversores Termais celebrado no mes de xaneiro de 2013 que contou co apoio de Turespaña. Esta iniciativa serviu para dar a coñecer os recursos e potenciais de Ourense como destino turístico-termal, posibilitando a concreción de novos proxectos empresariais e de investimento privado. Máis dun cento de profesionais de distintas áreas participaron neste encontro que se desenvolveu en dúas fases, a cabalo entre Madrid e a propia cidade das Burgas.





Xuño 2017
L M X J V S D
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930


imagen