Cun excelente posicionamento xeográfico no Noroeste Peninsular, Expourense conta cunha superficie de 32.000 metros cadrados, dos cales 14.000 están construídos.

Caracterízase por ser un espazo moderno onde a organización de calquera tipo de evento resultará sinxela grazas á versatibilidade das súas instalacións. Todo o recinto conta con rede wifi, climatización axeitada a súa gran capacidade e megafonía, así como a dotación necesaria para garantir a seguridade dos visitantes en eventos multitudinarios.

Superficie: 400m2
Capacidade: 350 personas
Iluminación.
Acondicionamento acústico.
Medios audiovisuais.

Superficie: 8000m2
Capacidade: 10.000 personas
Certificado de calidade acústica.
Vestiarios.
Megafonía.
Sistema de videovixiancia.
Carpa exterior cuberta e climatizada para fumadores.
Cortinas divisorias para obter espazos de 3000m2 y 5000m2.

Capacidade: 130m2
Tarima presidencial.
Medios audiovisuais.
Cabinas de traducción simultánea con equipos individuaies.

 

Ademais en Expourense contamos con Salas de Negocios, dotada de diferentes estilos de mesas para reunións e medios técnicos. É un área ideal para actos institucionais, reunións de traballo ou punto V.I.P. Dende a súa pantalla, pode seguir a actividade do resto de salóns a través de cámaras.

Poñemos á súa disposición un Centro de Negocios, situado fronte ás salas, constando de 10 stands que poden ser destinados a exposicións comerciais ou ben como un lugar de encontro empresarial.

Dous amplos salóns realizan as funcións de Cafeteria e Restaurante, con capacidade para 250/300 persoas e dúas terrazas (interior e exterior) con acceso directo ao pavillón feiral.

Por último 500 prazas de aparcamiento exterior facilitan o acceso en vehiculo oa recinto.

 

 

 




Xuño 2017
L M X J V S D
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930


imagen