En Expourense cunha dilatada experiencia na organización integral de eventos, como mostran as dez feiras que celebramos ao longo do ano, estando asociado á Asociación de Organizadores Profesionales de Congresos , OPC-Galicia, e á Asociación Gallega de Ferias y Eventos, AGAFE.

A nosa traxectoria aválanos para ofrecer a organización integral de eventos. Poñemos á súa disposición un servizo "chave en man", é dicir, vostede achega a idea do seu evento e nós encargámonos de organizar todo o necesario para levalo a cabo exercendo de coordinadores, de responsables da loxística e da organización técnica e administrativa que implique o seu desenvolvemento.

Contamos coa colaboración de empresas provedoras de todos os servizos que pode necesitar un evento: aluguer de vehículos ou autobuses, imprenta, contratación de viaxes, azafatas e promotoras, limpeza, envío masivo de invitacións, etc. Todo iso orientado a que obteña un servizo integral a través dun único interlocutor, Expourense.

Delegue en nós o seu evento e céntrese en facer de anfitrión hospitalario e intercambiar información e coñecementos cos demais participantes de xeito distendido. Contacte con nos no + 0034 988 36 60 30 o a través de expourense@expourense.org

¡Vostede achega a idea e nós todo o demais!



Agosto 2017
L M X J V S D
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031


imagen