Cunha superficie de 32.000 metros cadrados, dos cales 14.000 están construídos, Expourense é un recinto consolidado como referente na organización de eventos que proxecta a imaxe dunha Galicia innovadora, moderna e competitiva. A recente actualización das súas instalacións, adaptadas ás necesidades que impón o mercado, convérteo nunha área multidisciplinar e flexible, adaptable á organización de calquera tipo de actividade.

Todo o recinto conta con rede WIFI, climatización axeitada á súa gran capacidade, megafonía, así como a dotación necesaria para garantir a seguridade dos visitantes en eventos multitudinarios: sistema de videovixilancia, numerosas portas de acceso ou saídas de emerxencia. Como espazo libre de fume, dispón dunha carpa exterior habilitada para fumadores, cuberta e climatizada, conectada a través dunha porta de acceso.

As instalación poden alugarse no seu conxunto ou por seccións:
APARCADOIROS: Dispoñibles tres amplos aparcadoiros sinalizados, con comodidade de acceso a outros medios de transporte como taxis ou autobuses. Permiten complementar os eventos realizados no interior con actividades deportivas ou lúdicas ao aire libre ao dispoñer dun amplo terreo arredor da superficie construída.

HALL: Tres portas de acceso automáticas dan paso á recepción e ao hall de 400 metros cadrados con capacidade para 350 persoas. Está equipado con climatización, iluminación, acondicionamento acústico e dotado de todos os medios técnicos e audiovisuais para convertelo nun auditorio de congresos, unha sala de presentacións ou un gran comedor.
PAVILLÓN: Conta con 8.000 metros cadrados e o Certificado de Calidade Acústica. Espazo idóneo para a celebración de concertos de máis de 10.000 persoas. Dispón de cortinas divisorias para aqueles eventos que demanden zonas máis reducidas por exemplo 2.500 ou 5.500 metros cadrados. Dotado de todos os servizos necesarios para acoller a miles de persoas. Entre eles, conta con vestiarios que o habilitan para acoller probas ou competicións deportivas.
SALA DE NEGOCIOS: dotada de diferentes estilos de mesas para reunións e medios técnicos. Trátase dunha área ideal para actos institucionais, reunións de traballo ou punto V.I.P. Dende a súa pantalla pódese seguir a actividade do resto de salóns a través das cámaras.
SALÓN DE ACTOS: Alberga 130 butacas, tarima presidencial e todos os medios técnicos ou audiovisuais necesarios para realizar un congreso internacional con cabinas de tradución simultánea e os seus correspondentes equipos individuais.

SALA DE ACTIVIDADES: 80 butacas, tarima presidencial e medios audiovisuais.
SALA DE REUNIÓNS: Ten capacidade para 40 persoas, medios técnicos e adáptase a calquera tipo de distribución.

SALA DE XUNTAS: Nas dependencias superiores existe ademais unha sala de xuntas con capacidade para 25 persoas, na que celebrar reunións privadas.

MINISTANDS: Espazo de dez ministands que poden complementar un congreso, reservándoo para expositores, ou ben destinalo a centro de negocios, no que programar encontros empresariais.

Consulte AQUÍ as tarifas de aluguer de espazos e contacte coa organización a través do número de teléfono +0034 988 36 60 30 ou envíe un email a expourense@expourense.org




Dicembro 2017
L M X J V S D
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031


imagen