17º CONCURSO DE PROYECTOS TECNOLÓGICOS

¡ABERTO PRAZO DE INSCRICIÓN!


OBXECTO DO CONCURSO


O obxecto é vencellar as actividades de I+D+i da Universidade no eido da Informática e as Telecomunicacións co Mundo Empresarial, sensibilizando á empresa dos benificios que lles pode achegar a aplicación da innovación e a investigación relacionadas coas tecnoloxías da información e as comunicacións para o aumento da produtividade e da competitividade. Ó mesmo tempo, preténdese estimular a capacidade innovadora dos alumnos para desenvolver proxectos cunha visión empresarial. Outro dos obxectivos é a divulgación das tecnoloxías da innovación no mundo da Administración Pública, en especial na súa relación cos cidadáns.


Dentro do Plan Estratéxico 15-19 da Deputación de Ourense, as tecnoloxías da información terán unha especial incidencia no desenvolvemento do proxecto “Provincia Intelixente”, orientado a dar servicios ós cidadáns e ás Administracións Locais. Daráselle unha especial importancia ó desenvolvemento de proxectos encamiñados a dar solucións englobadas neste proxecto.


E co obxetivo de fomentar o intercambio de experiencias entre a comunidade universitaria e empresarial de Galicia e de Portugal, convócase tamén ás universidades do norte do país luso.

 


MODALIDADES DO CONCURSO


Poderán participar alumnos das universidades da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal presentando os proxectos de Fin de Carreira ou Traballos de Fin de Grao, nunha das seguintes modalidades:


Modalidade A. Títulos de Enxeñaría en Informática, Enxeñaría de Telecomunicación e Traballos de Fin de Máster de másteres oficiais relacionados co eido das tecnoloxías da información e as comunicacións.


Modalidade B. Títulos de Grao en Enxeñaría Informática, Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación, Enxeñaría Técnica en Informática, Enxeñaría Técnica de Telecomunicación.


Premio Especial. Premio especial “Deputación de Ourense-Provincia Intelixente”. Poderán participar alumnos pertencentes á Modalidade A ou á Modalidade B.

 


PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS



1. Os  proxectos presentaranse indicando na portada do mesmo:


                -              A modalidade pola que concorre ao concurso.

                -              Título do traballo.

                -              Nome do autor.

Para participar no concurso o alumno/a debe entregar a seguinte documentación:

                -              Certificado da titulación que posúa así como do centro no que faga constar a calificación obtida polo PFC, TFC ou TFM.

 

                -              Resumo nun máximo de tres follas do traballo, en páxina din A4, interliñado a dobre espazo e por unha soa cara, tipografía Times New Roman, corpo de letra 11, coas catro marxes a 2,5 cm. Deberá enviarse tamén en formato electrónico ó mail marketing@expourense.org, indicando no asunto “Concurso de Proxectos Tecnolóxicos”, así como no corpo da mensaxe os datos do remitente.

 

                -              Presentación dun único cartaz ríxido de 100x60 cm. Para lectura horizontal que ilustre o traballo e que se expoñerá na data do concurso.

            


    2.            O alumno/a creará unha páxina (non un perfil persoal) en Facebook no que se publicará toda a información textual, fotos, vídeos, etc, que considere oportuna sobre o seu proxecto.

 

                Quedan excluídos os traballos que non cumpran as indicacións anteriores.

 

                A organización pon a disposición dos participantes ó provedor oficial en imprenta dixital, OFICODE (Ourense) - Telf. 988 37 06 90, para a impresión dos traballos a presentar no concurso sen custo para o alumno.

 



LUGAR E PRAZO



 

                1.            Para poder concorrer, os participantes deben cumprimentar un rexistro on-line confirmando a súa participación (a través de www.expourense.org), previamente o envío físico da documentación, como data límite o 5 de decembro de 2017 ás 13.00 horas.

 

                2.            Os proxectos deben ser presentados no rexistro da Escola Superior de Enxeñaría Informática (Ed. Politécnico - Campus de Ourense 32004) antes das 14.00 h do 11 de decembro.

 

                3.            A Organización encargarase de trasladar e rexistrar os cartaces daqueles proxectos que se atopen na imprenta oficial nesa data límite se o concursante o solicita a marketing@expourense.org.

 



XURADO. FUNCIONAMENTO



 

                Os premios serán outorgados por un xurado coa seguinte composición:

                a)            Presidente: Representante da Institución Colaboradora Patrocinadora do Concurso.

                b)           Secretario: Fundación Feiras e Exposicións de Ourense.

                c)            Tres vogais: dous representantes das universidades galegas e 1 representante do sector empresarial.

                O xurado para a concesión dos premios terá en conta:

                - Calidade do proxecto: Orixinalidade / Dificultade / Aplicabilidade social

                - Se existe desenvolvemento de software que sexa libre.

                - Orientación cara a súa aplicabilidade no mundo da Administración Pública na súa relación cos cidadáns.

                Funcionamento:

                - Páxina Facebook: cada internauta poderá votar o número de proxectos que desexe, picando no botón “Me Gusta” da páxina correspondente.

                - O xurado reunirase o 13 de decembro na Escola Superior de Informática da Universidade de Vigo (Edificio Politécnico- Campus de Ourense).

                - Cada membro do xurado terá dereito a voz e voto. O secretario non terá voto.

                - Unha vez valorados os traballos presentados, o xurado fará unha primeira selección e os seleccionados pediráselles que nun máximo de 10 minutos, de xeito sintético e comercial presenten o seu proxecto como idea de negocio rentable.

                - O xurado fará público o resultado o mesmo día 13 de decembro, sendo obrigatorio que o concursante estea presente na Escola Superior de Informática da Universidade de Vigo (Edificio Politécnico- Campus de Ourense).

 



OS PREMIOS



                Modalidade A:

                Primeiro Premio. Dotación Económica: 350,00 euros.

                Segundo Premio. Dotación Económica: 200,00 euros.

                Modalidade B:

                Primeiro Premio. Dotación Económica: 300,00 euros.

                Segundo Premio. Dotación Económica: 150,00 euros.

                Premio especial “Deputación de Ourense-Provincia Intelixente”

                Primeiro Premio. Dotación Económica: 400,00 euros.

                Todos os premios estarán acompañados dun trofeo.

                Premio do Público:

                Premio non Económico, o proxecto que máis seguidores conseguira a través da páxina creada en Facebook (data límite para contabilizar os votos ata as 12.00 h. do día 12 de decembro).

                Os premios non económicos consistirán nunha estancia termal/turismo rural ou nun e-reader.

                Aos premios superiores a 300 € aplicaráselle a retención correspondente.

                Os premios poderán quedar desertos se a xuízo do xurado non se acadase a calidade suficiente. O dictame do xurado non ten posibilidade de recurso nin reclamación.

                A todos os participantes faráselles entrega dun certificado de participación, e estarán convidados a un xantar de convivencia o día da celebración do concurso.

 



ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS



                Os premios entregaranse nun acto que se celebrará o día 13 de decembro, debendo estar presentes os premiados.

                O programa suxeito a modificacións da Xornada será aproximadamente o seguinte:

10.00 h.-             Constitución do xurado.

10.15 h.-             Revisión dos proxectos a concurso.

11.30 h.-             Deliberación do xurado para definir aos finalistas.

12.00 h.-             Presentacións dos proxectos finalistas.

12.40 h.-             Reunión do xurado para definir a prioridade do 1º e 2º  premio en cada categoría.

13.00 h.-             Entrega de premios e clausura.



La cédula de descuento de RENFE deberá solicitarse a secretaria@expourense.org.



Documentos relacionados

DÍPTICO INFORMATIVO

Imágenes asociadas

17º CONCURSO DE PROYECTOS TECNOLÓGICOS